Premios Gaceta Dental ao ámbito protésico

Premios Gaceta Dental

Premios Gaceta Dental ao ámbito protésico

A Revista Gaceta Dental convoca os 24º Premios Gaceta Dental 2021, entre os que se inclúen o Premio Clínica e Laboratorio Dixital, patrocinado por 3Shape e o Premio Estudantes de Grao Superior de Prótese Dental, patrocinado por IVOCLAR-Vivadent.

A data límite de presentación de candidaturas será o 15 de xuño deste ano.

Premio Clínica e Laboratorio Dixital

patrocinado por

Para participar no Premio Clínica e Laboratorio Dixital deberase enviar un proxecto onde se expliquen as ferramentas dixitais que, tanto unha clínica dental como un laboratorio, incorporan á súa práctica diaria para mellorar os seus procesos de traballo.

Así mesmo, deberán incorporar e explicar un caso outraballo realizado con medios dixitais.

Está dirixido a directores médicos, xerentes de clínicas e de laboratorios dentais.

O proxecto debe conter:

  • Ferramentas dixitais. Características Técnicas.
  • Explicación dos tratamentos que permiten e vantaxes fronte ao tratamento analóxico (clínicas).
  • Explicación dos procesos que permiten e vantaxes fronte aos manuais (laboratorio).
  • Curva de aprendizaxe.
  • Formación do persoal.
  • Cambios na comunicación coa clínica ou laboratorio.

As candidaturas enviaranse a: redaccion@gacetadental.com

 

Premio Estudantes de Grao Superior de Prótese Dental

patrocinado por

Para participar no Premio Estudantes de Grao Superior de Prótese Dental se fará selección entre os mellores traballos dos alumnos de segundo curso matriculados nas escolas de próteses españolas.

Os estudantes deberán acreditar o segundo curso mediante copia do resgardo de matrícula (imprescindible).

Presentarase un artigo libre dentro do seu campo. Os artigos presentados deberán ser orixinais e inéditos. Non poderán exceder dos 15 folios DIN A4 mecanografados en corpo de letra 12 a dobre espazo con 30 liñas por folio.

Táboas e figuras deberán ser numeradas consecutivamente na orde de aparición no texto.

Incluiranse unhas 30 fotografías como máximo, dixitalizadas cunha resolución de 300 dpi cun orixinal por correo electrónico en formato PDF. Entrega de orixinais

Nos traballos candidatos ao premio deberá facerse constar:

  • Título, nome dos autores, e escola onde cursaron os seus estudos.
  • Dirección para correspondencia, con número de teléfono, fax e e-mail.
  • Departamento ou institución onde se realizou o traballo, en caso de traballos de investigación.
  • Fuentes de financiamento se as houbese.
  • Sinopse do artigo de non máis de 150 palabras.
  • Introdución, e as conclusións máis importantes da revisión ou tema tratado constituirán o final do artigo.
  • As referencias bibliográficas deberán ir consignadas ao longo do traballo.
  • Numeraranse no texto e na bibliografía por orde consecutiva de aparición, seguindo na súa composición o chamado estilo de Vancouver.

Envío do traballo a: redaccion@gacetadental.com

Máis información na convocatoria dos premios:

Total Page Visits: 472 - Today Page Visits: 4


[wp_show_posts id="1627"]