02 Dec COPRODEGA apoia a formación dun colexio de técnicos sanitarios
Ás XORNADAS PROFESIONAIS – RETOS DE FUTURO – PARA TÉCNICOS SUPERIORES SANITARIOS asistiu o noso presidente, Avelino Sanmartín Caamaño, acompañando aos colegas de ATESSGA, organizadores do evento.
A presenza de Avelino na mesa “Reclasificación profesional: grupo B vs grao universitario”, xunto co tamén presidente do Colegio Valenciano de Técnicos Sanitarios, Juan Felipe, tivo como fin contribuir ao debate sobre a situación actual do ámbito profesional dos Técnicos Superiores Sanitarios.
Sanmartín poido compartir as súas experiencias na representación do noso colectivo profesional ao longo de 20 anos. Instó aos aspirantes a colexiarse sobre a necesidade de ter tesón no seu empeño, perseverancia, conciencia da súa categoría profesional e moita humildade.
Amosou o representante colexial a súa experiencia no logro de fitos para o colectivo de protésicos dentais a partir da xestión da forza dun grupo profesional colexiado e aglutinado.
Equiparación de títulos
Ademáis, na súa intervención, sumouse aos esforzos dos técnicos sanitarios no seu plan de acadar a equiparación das súas diversas titulacións ao ámbito universitario tal e como sucede en Europa, mesmo en Portugal.
Os profesionais sanitarios abarcan aos traballadores de patolóxica e citodiagnóstico, clínico e biomédico, técnicos superiores en imaxe para o diagnóstico e a medicina nuclear, en radioterapia e dosimetría, e técnicos superiores en dietética.
As súas reivindicacións son compartidas polos protésicos dentais e tamén coas hixienistas dentais. Fixémolo xuntos, xa, no Manifesto que se dera a coñecer o pasado mes de novembro.
A idea vaise defender o próximo 2 de decembro nunha reunión co Ministerio de Sanidade.
“Nos temos que seguir a facernos visibles en todos os actos. Estades convidados ás nosas actividades. De ahí traspóñense os logros”, dixo Avelino aos profesionais sanitarios.
Manifestacións dos sanitarios
ECM