II Xornada Formativa do 26 de outubro

II Xornada Formativa do 26 de outubro

Residuos sanitarios e protección de riscos na II Xornada Formativa do 26 de outubro

O noso sector profesional, o dos protésicos dentais, pertence ao delicado ámbito da saúde. A la par que ocuparnos das técnicas, materiais e procedementos que son a nosa paixón, é preciso cumplir coas normativas aplicabeis á delicada xestión dun laboratorio.
É un paso fundamental na profesionalización da nosa actividade. O interese das II Xornadas Formativas sobre a Xestión do Laboratorio de Prótese Dental, ofrecidas polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, Coprodega aos seus membros, responden a esa necesidade. Na primeira ocasión falouse sobre a responsabilidade civil, o márketing e a reputación xunto a presenza dixital. Tamén falouse sobre la licenza de funcionamento e a protección de datos.
Esta xornada será gratuita para colexiados e estudantes de prótese dental. Na próxima xornada do 26 de outubro, os temas tratados teñen gran relevancia no ámbito sanitario que nos ocupa: a xestión de residuos sanitarios e a enorme atención que debemos ter cos riscos asociados á profesión e as súas posibles enfermidades derivadas.
A continuación ofrecemos o contenido das conferencias do sábado 26 de outubro, desta vez, serán no Hotel Gelmírez, na Av. Do Hórreo de Santiago, moi preto da estación do tren. Contaremos ca colaboración de dúas empresas coas que Coprodega mantèn convenio de colaboración: Flycos e Taprega.
 

II XORNADAS FORMATIVAS SOBRE A XESTIÓN DO LABORATORIO DE PRÓTESE DENTAL

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia organiza estas xornadas formativas que teñen como finalidade dar a coñecer aos colexiados a normativa de regulación asÍ como os distintos trámites legais e adminitrativos no referente á xestión e tratamento de residuos, prevención de riscos e enfermedades profesionais do laboratorio dental.
Data: Sábado 26 de outubro
Hora: 10:00 a 13:30 h
Lugar: Hotel Gelmírez, sito na rúa do Hórreo nº 92 de Santiago de Compostela
Custo: Gratuito para colexiados e estudantes de prótes dental
Inscrición e prazo:    Por teléfono no 981 571 017 ou correo electrónico coprodega@coprodega.es
É imprescindible remitir por correo electrónico unha copia do boletín de inscrición cuberto.
Fin de prazo de inscrición: Ata completar aforo

PROGRAMA
10:00-10:15 h.
Recollida de documentación
10:15-10:30 h.
Presentación do evento
10:30-11:30 h.
“Xestión de resíduos en laboratorios de prótese dental. As validacións e obrigas dos produtores”
Juan Manuel Forján Gómez. Técnico consultor e de sistemas de xestión (calidade, medio ambiente, OHSAS) de FYCOS Auditoría Consultoría.
11:30-12:00 h.
Coffee Break
12:00-13:30 h.
“Prevención de riscos. Aspectos preventivos vencellados aos protésicos dentais e enfermidades profesionais”.
Sergio Ares. Técnico Superior de Prevención. Especialista en seguridade, hixiene e ergonomía do Grupo Taprega.
13:30h: Clausura e entrega de diplomas
Podes ver o programa premendo aquí II Xornadas Formativas



error: contido protexido!
Falamos?