Visita ao IES Anxel Casal – Monte Alto da Coruña

Visita ao IES Anxel Casal – Monte Alto da Coruña

O pasado mércores o Colexio visitou o IES Anxel Casal Monte Alto da Coruña, para dar unha charla sobre a profesión de protésico dental, a obriga de colexiación para o exercicio da actividade profesional así como os servizos e ventaxas que ofrece a colexiación para a búsqueda de emprego e para o desenvolvemento profesional.

 

Os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer a organización e funcionamento do Colexio, o requisito da colexiación para o exercicio da profesión e coñecer con maior precisión as saídas profesionais que ofrece a profesión de protésico dental. Durante a charla explicouse a importancia da formación en novas tecnoloxías, así como tamén os requisitos e bonificacións que ofrece o Colexio aos estudantes á hora de colexiarse.

Tamén tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o Rexistro de Estudantes de Prótese Dental, de nova creación polo Colexio, que ofrece aos estudantes de prótese de primeiro e segundo curso, así como a aqueles que estean a cursar máster ou cursos de especialización, adquirir a condición de pre-colexiados e pasar a ser membros de pleno dereito do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia recibindo o mesmo tratamento que se dun colexiado se tratase, dispoñendo do catálogo de servizos que o Colexio ofrece aos seus colexiados.

 

Dende o Colexio cremos que estas charlas nos centros de formación constitúen unha grande oportunidade de achegar ao Colexio Oficial de Protésicos Dentais aos alumnos así como unha oportunidade para poder colaborar dende o noso organismo cos Centros para o desenvolvemento de distintos proxectos que contribuan a unha mellor formación dos futuros protésicos dentais.



error: contido protexido!
Falamos?