Felices festas e feliz 2021

Avelino Sanmartin, Pdte. COPRODEGA

Felices festas e feliz 2021

Este ano tivemos que loitar cunha situación difícil, que sobrepasou as nosas forzas moitas veces. Tivemos que pechar por meses os nosos laboratorios
Na gravidade dunha realidade como a que lle tocou á humanidade neste ano 2.020, o máis urxente era comer, ter farmacias, servizos informáticos, luz, auga e un teito onde estar ao abrigo do virus que campa aínda ás súas anchas polas nosas rúas e sobre todo, nos sitios de reunión.

Protesico José Ramón Rey

O colega José Ramón Rey, da Xunta Directiva do colexio.


Sitios de reunión que, agora tomamos conciencia, están cheos de “aerosoles”. Neles nos atopamos para compartir cos nosos achegados, para exercer  a nosa particular terapia de grupo e empatía sociais, tan curativas e necesarias.
Pero non sei se vos detivestes a pensar, unha vez acabado o período de alarma, a finais de xuño, a nosa profesión non parou de traballar. Porque estaba claro que ás persoas preocúpalles ter saúde nas súas bocas, preocúpalles poder comer ben e preocúpalles excesivamente sorrir con plenitude … lei de atracción social!
Protésicos Dentais de Galicia

Mariluz e o seu equipo de xoves protésicos dentais de ORTOCERAM.

A que todo isto é realmente esencial no sentido máis humano do termo?

Podemos lamentarnos do que foi este ano, ou non. Outra forma de abordalo é pensar en todo o que aprendemos, en que nos fixemos máis dixitais. Pensar que por exemplo, para reunirnos xa non fai falta chegar en tren ou coche, porque hoxe podemos vernos á cara a golpe dun click.
Estamos todos nós os protésicos de Galicia e esperamos que continuemos a estar o próximo ano cando caian as máscaras e volvan os sorrisos, os naturais que nos deu a natureza e, sorprendentemente, veremos a moitas persoas con novos sorrisos, renovados e cheos de saúde froito do noso traballo.

Para nós como organización do colectivo o máis importante, sen dubidalo, é que esteamos todos xunto coas nosas familias. O meu desexo prioritario é o coidado da vosa saúde e, con iso, gocedes dunhas merecidas festas e un 2021 intenso de traballo, crecemento persoal e exitoso.
 

Avelino Sanmartín,
Pdte. Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia


error: contido protexido!
Falamos?