O Colexio Oficial de Protésicos/as Dentais de Galicia é unha organización profesional dos /as protésicos/as dentais que exercen en Galicia.
É unha corporación de dereito público de carácter representativo, de estrutura interna e funcionamento democrático, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.
De acordo co artigo 150.2º da Constitución Española, a Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á comunidade autónoma galega, transfire no marco da lexislación básica do Estado, o desenvolvemento lexislativo e a execución en materia de corporacións de dereito público representativas de intereses económicos e profesionais, completando así o ámbito competencial determinado no artigo 27.90º do Estatuto de Autonomía de Galicia.
A transferencia en materia de colexios profesionais fíxose efectiva a través do Real Decreto 1643/1996, do 5 de xullo, e asumiuse polo Decreto 337/1996, do 13 de setembro, da Xunta de Galicia.
O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia creouse pola lei 4/1998, do 30 de xuño. A asamblea constituínte do devandito colexio elaborou e aprobou os seus estatutos, que foron aprobados definitivamente pola Administración a través do Decreto 69/2000, do 7 de abril, e modificados posteriormente polo Decreto 304/2008, do 9 de outubro.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.