Circular Informativa II -Estado de Alarma

Circular Informativa II -Estado de Alarma

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2020
 
1.- DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE DE PROTESICO DENTAL LOGO DA DECLARACION DO ESTADO DE ALARMA
 Por mor da Declaración do Estado de Alarma, mediante Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, o Colexio partindo dunha consulta realizada polo Consello Xeral de Colexios de Protésicos Dentais de España ao Ministerio de Sanidade, ven a informar do seguinte:
1º.- Os laboratorios de prótese dental poderán seguir desenvolvendo a súa actividade, aínda que incidindo, ao máximo na hixiene, medidas de precaución e seguridade, de acordo coas leis de prevención de riscos e sanitarias.
2º.- Para garantir o desenvolvemento da actividade laboral, profesional ou empresarial, permítense os desprazamentos ao lugar de traballo e o retorno ao lugar de residencia habitual, coas limitacións, recomendacións e obrigacións que poidan ditar as autoridades sanitarias e do Ministerio do Interior.
Polo demáis, o Colexio remítsese á circular remitida o pasado venres, así como a información publicada na nosa páxina web  en canto ás medidas e protocolos de hixiene e prevención, e infórmase novamente que  se garantiza o funcionamento normal do Colexio nestas circunstancias especiais, estando totalmente dispoñible para atender a todas aquelas preguntas ou dúbidas que teñades, se ben a atención ao colexiado realizarase de forma telefónica ou telemática, evitando no posible acudir á sede colexial presencialmente.
Así mesmo, apélase á responsabilidade de todos. Temos a plena seguridade e certeza en que o noso colectivo estará á altura das difíciles circunstancias que nos tocou vivir, e anímase a colaborar coas autoridades en todo o que precisen e respectar o que ordenen e diten.
Todas as novidades que se vaian producindo seranvos comunicadas a todos os colexiados e publicadas na páxina web do Colexio, www.coprodega.es
 
 
Protéxete e protéxenos,
Avelino J. Sanmartín Caamaño
Presidente do C.O.P.D.G.
 

Axuntos

Real Decreto 463 /2020 do 14 de marzo – BOE A-2020-3692

BOE-A-2020-3692

Resolución del DOG nº 51 de 2020/3/15 – Xunta de Galicia

AnuncioG0244-140320-1_gl.pdf
 
 
 



error: contido protexido!
Falamos?