Unión Profesional de Galicia entrega os Premios Profesionais Colexiado 2020 e 2021

Unión Profesional de Galicia entrega os Premios Profesionais Colexiado 2020 e 2021

Unión Profesional de Galicia, asociación que representa a uns 40 colexios profesionais de ámbito galego e a 65.000 profesionais colexiados que exercen na comunidade galega, entregou o 27 de maio de 2022, na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela os seus Premios Profesional Colexiado de 2020 e 2021. 37 profesionais vinculados a 22 diferentes profesións recibiron un galardón que trata de recoñecer “a excelencia dúas profesionais colexiados que exercen ou exerceron a súa profesión en Galicia”.

Ao acto de entrega de premios, ademais dos representantes dos colexios integrados en Unión Profesional de Galicia, acudiron a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e o presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, tamén decano do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Químicos de España.

Os 37 profesionais vinculados a 22 diferentes profesións foron en 2020 o arquitecto técnico Vicente Quiroga Rodríguez, o arquitecto Xosé Manuel Rosales Noves, o biólogo Xacobo de Toro Cacharrón, a deseñadora Belén Sueiro Fernández, o economista Juan José Santamaría Conde, o farmacéutico Nicanor Flor Andrés Rodríguez, o higienista dental Francisco Javier Pardo Otero, o enxeñeiro informático Beningo Rosón Calvo, o enxeñeiro industrial Manuel Lara Coira, o enxeñeiro técnico agrícola Ramón Martínez Mouriño, o enxeñeiro técnico industrial Nicolás Adoitar Sáez, a logopeda Araceli Oubiña Cacabelos, o mariño mercante José Manuel García Fernández, o odontólogo e estomatólogo José Manuel Gándara Rey, o psicólogo Xabier Macías Virgos, o protésico dental Óscar Brandariz Sánchez, o químico José M. Vieites Baptista Sousa, o veterinario Esteban Rodríguez Sánchez, o fisioterapeuta José Luis Aristín González.

E en 2021: a arquitecta técnica Juana Méndez Modia, o arquitecto José Luis Pereiro Alonso, os Biólogos Sanitarios Colexiados, o deseñador Gonzalo Liñeiro Martínez, o economista Jorge Juan Saes Illán, o titulado en educación física e deporte Francisco Cortegoso Díaz, a higienista dental Carolina Barrero López, o enxeñeiro informático Gabriel Ferreiro Pena, o enxeñeiro industrial Constantino García Ares, o enxeñeiro técnico agrícola Enrique Luís de Salvador Sánchez, o enxeñeiro técnico forestal Santiago García Sánchez, o enxeñeiro técnico industrial José López Padrón, a logopeda Lestonnac Larrañeta Alcalde, o mariño mercante Manuel Viñas Agis, a psicóloga Dores Mosquera Barral, o protésico dental Miguel Ángel Gradín Carreño, o químico Pelayo Rubido Muñiz e a traballadora social Ana Vilar Varela.

A entrega dos Premios Profesional Colexiado de 2020 e 2021 quere recoñecer aos galardoados o seu traballo e traxectoria profesional exemplar no ámbito de actividade na que desenvolven ou desenvolveron a súa profesión. O presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, destacou que os galardóns “pretenden poñer en valor a excelencia dos profesionais colexiados de Galicia e, ao mesmo tempo, facer visible a exemplaridade no exercicio das profesións universitarias. “Os nosos profesionais prestigian co seu traballo diario a súa profesión e transmiten á sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais”, apuntou o presidente de Unión Profesional de Galicia ante un auditorio repleto de representantes dos colexios profesionais da comunidade autónoma.

Ao acto de entrega de premios, ademais dos representantes dos colexios integrados en Unión Profesional de Galicia, das autoridades e de representantes parlamentarios do PPdeG, PSdeG e BNG, tamén estiveron os ex presidentes de Unión Profesional de Galicia, Miguel Carrero e José María Lanzo.

O presidente de Unión Profesional de Galicia, no seu discurso, lanzou o reto en Galicia de “alcanzar un gran pacto polo emprego que axudaría a saír antes da crise”. E suxeriu a creación dunha Mesa en Galicia que aborde o asunto do emprego onde deberían estar sentadas Administración central e autonómica, empresas e empresarios, colexios profesionais e Universidades. “Non podemos quedarnos cruzados de brazos, trátase de tomar a iniciativa e asumir a responsabilidade de facer que as cousas sucedan”. Tamén expuxo unha “coordinación entre Administración, empresa e profesionais para evitar, na medida do posible, a saída ao exterior de xeracións de titulados universitarios moi ben formados”.

O presidente de Unión Profesional de Galicia tamén aproveitou a ocasión para reivindicar o protagonismo das profesións e os profesionais. Neste sentido dixo que os colexios son os órganos de representación dos profesionais, do mesmo xeito que os sindicatos representa aos traballadores e as patronais, aos empresarios.

Lamentou que algúns órganos consultivos non aproveiten a experiencia e coñecementos dos colexios profesionais. “Este receo maniféstase máis na área económica-social”, apuntou Antonio Macho, quen lembrou que os entes colexiais e Unión Profesional de Galicia “seguirán traballando para que se entenda o que somos, facemos e a quen represento”.



error: contido protexido!
Falamos?