10 Set Convenio ca Universidad Europea
O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia e a Universidad Europea veñen de renovar o seu Convenio de Colaboración para o curso 2020/2021. A firma permite manter moitas vantaxes da institución de formación superior e aos seus familiares. O acordo permite facilitar o acceso dos protésicos a melloras na sua cualificación.
Do mesmo xeito, o colexio conta co interese da universidade para facer ofertas puntuais como foi ao comezo do pasado periodo de inscrición do mes de xuño.
Vantaxes
O acordo permite mellorar o acceso a niveis superiores de formación. Exemplos das vantaxes son:
- Descontos do 10% en docencia en Grad, CFGS y postgrao para colexiados e familiares directos.
- Probas de ingreso gratuitas.
- Asesoramento personalizado.
Áreas de coñecemento
As áreas de coñecemento que oferta a universidade son:
- Ciencias da saúde e biomédicas.
- Formación en actividades física e do deporte.
- STEAM: arquitectura, enxeñería e deseño.
- Ciencias sociais, comunicación e educación.
A Universidad Europea On Line
Unha das opcións que se ofrece aos colexiados é a da universidade on line. Este sistema tamén conta coas vantaxes acordadas entre o colexio e a institución de educación superior. A universidade on line conta cunha ampla variedade de especialidades. Entre elas, unha moi forte cantidad de alternativas no ámbito da saúde. Tamén graos e postgraos relacionadas coa xestión profesional dos laboratorios poden completar a formación dos protéxicos e os seus familiares directos.