RENOVADA A XUNTA DE GOBERNO DO COLEXIO

Nova Xunta de Goberno de Coprodega

RENOVADA A XUNTA DE GOBERNO DO COLEXIO

Nove membros da Xunta de Goberno do Ilustre Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia tomaron posesión dos seus cargos, presididos por D. Avelino Sanmartín Caamaño. Os nomeamentos foron remitidos pola Xunta Electoral ao Diario Oficial de Galicia, o DOGA, unha vez cumpridos os prazos legais.
Novos responsables súmanse ao grupo directivo achegando ideas frescas e proxectos á súa xestión. A xunta directiva, elixida no pasado mes de marzo, renóvase en varios dos seus cargos e queda constituída da seguinte maneira:
 
TITULARES:
Presidente: Avelino J. Samartín Caamaño
Vicepresidente: Miguel Ángel Rodríguez Ramos
Secretario: José Ramón Rey Álvarez
Tesoureira: María Alicia Rodríguez Díaz
Poñente de Cultura: Santiago García Ferrón
 
VOCAIS:
Primeiro: Belén Martínez Troncoso
Segundo: Laura Casal Fernández
Terceiro: Lucía Otero Cerdeira
Cuarto: José Caamaño Martínez

Organigrama Xunta de Goberno COPRODEGA

Organigrama da nova Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia.

Renovados proxectos

A nova directiva nace ca vocación de seguir a fortalecer a institucionalidade da profesión protésica dental. Pretende traballar para ampliar o espazo dos protésicos no ámbito da saúde bucodental e mellorar as súas condicións durante os próximos catro anos.
Avelino Sanmartín indicou que chega con renovada ilusión e satisfeito de contar co respaldo do gremio.
Para min segue sendo unha enorme responsabilidade, e a posibilidade de dar concreción a liñas de traballo que vimos impulsando desde fai xa máis de 15 anos”.
A renovación da dirección colexial prodúcese nun contexto de pandemia e cando novas inquietudes polos cambios tecnolóxicos preocupan aos nosos profesionais dos laboratorios.
 
 
 
 
 



error: contido protexido!
Falamos?