11 Mar Convocatoria Sesión Ordinaria 1/2024, Asemblea Xeral
Convocatoria Sesión Ordinaria 1/2024, Asemblea Xeral
Por medio do presente, procédese á notificación da convocatoria da Sesión Ordinaria nº 1/2024, da Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro sábado día 23 de marzo de 2023, no Hotel Gelmírez, sito na rúa Hórreo nº 92, da cidade de Santiago de Compostela, ás 10:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.
Así mesmo, axúntase a seguinte documentación:
– Acta Sesión Ordinaria 1/2023, de 17 de marzo
– Conta Xeral correspondente ao 2023
– Bases de Execución do ano 2024
De conformidade co disposto no artigo 19 dos Estatutos, a partir da convocatoria están a disposición dos/as colexiados/as na sede social do Colexio (Rúa Hórreo 7, 1º dereita, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos na orde do día.
Por motivos organizativos, prégase aos asistentes puntualidade, e confirmación da súa asistencia a través da Secretaría Técnica do Colexio (telf. 981 571 017/coprodega@coprodega.es).