Dende aquí podes darnos a coñecer, de forma anónima*, calquera acción ou omisión contraria á lei ou aos principios do Colexio, co obxectivo de promover e mellorar as boas prácticas no noso sector.
Este medio de prevención e resolución de conflitos preserva a identidade do colexiado ou cidadán que realiza a comunicación e garante os dereitos das persoas ás que se atribúen condutas non conformes á ética profesional.
Aplicaremos criterios rigorosos para admitir as comunicacións e esixiremos responsabilidade civil, penal e administrativa a quen comunique feitos con abuso de dereito ou contra a boa fe.
As comunicacións feitas por esta canle non supoñen a formulación de recurso contencioso-administrativo nin o exercicio de ningunha acción ou reclamación á que teñan dereito as persoas que as formulen.