Para darse de alta como colexiado, o apartado 2º de dito artigo en relación co procedemento de colexiación establece:
A alta colexial deberá realizarse remitindo ao domicilio social do Colexio a seguinte documentación:
Para darse de baixa como colexiado, o procedemento de colexiación establece:
Podes solicitar o pago fraccionado ou o aprazamento das túas cotas colexiais se o precisas por calquera motivo. O número máximo de aprazamentos non poderá ser superior a 12, con vencemento cada un deles nos 10 primeiros de cada mes e pago conxunto na cota mensual ordinaria correspondente mediante domicilación bancaria. O importe de cada fraccionamento non poderá ser inferior a 44,50 €.
A solicitude para obter a licenza de funcionamento deberá ir dirixida á Delegación Provincial da Consellería de Sanidade correspondente ao lugar de establecemento do fabricante ou entidade solicitante, seguir o modelo normalizado que figura no anexo I do Decreto 294/2004, do 14 de outubro e ir subscritas pola persoa física ou, se é o caso, polo representante da persoa xurídica titular do establecemento.
1. DNI do solicitante e, se é o caso, da representación que ten. Se é unha persoa xurídica, CIF e copia da súa constitución e certificación da súa inscrición no Rexistro Mercantil, se é o caso.
2. Nome comercial do establecemento e dirección para efectos de notificacións.
3. Memoria da estrutura organizativa, relación dos produtos que se van a fabricar, garantía da calidade dos produtos que se van a fabricar e a execución dos procedementos e controis procedente.
4. Plano das instalacións.
5. Relación do equipamento e documentación relativa ás operacións de mantemento e calibración do equipamento e utensilios que o requiran, e dos procedementos de fabricación e de traballo.
6. Declaración do nome e dirección dos subcontratados se os hai, describindo as actividades e medios dispoñibles para realizalas, achegando os contratos correspondentes e os procedementos de fabricación e control utilizados, e copia cotexada da licenza de funcionamento como fabricante de produtos sanitarios a medida, excepto no suposto recolleito no segundo parágrafo da epígrafe 1º do artigo 1 do Real decreto 437/2002, do 10 de maio.
7. Identificación do responsable técnico, titulación que acredite unha cualificación adecuada en función dos produtos que teñen ao seu cargo, compromiso escrito de exercer a supervisión directa da actividade realizada pola empresa responsabilizándose das actividades realizadas nas propias instalacións ou nas instalacións dos subcontratados e, de ser o caso, declaración de non atoparse en situación de incompatibilidade profesional.
8. Identificación do resto de persoal, con indicación da formación e a cualificación adecuada para as actividades que van desenvolver, e da persoa responsable das actuacións relacionadas co sistema de vixilancia.
9. Memoria en relación co sistema de arquivo documental e co rexistro de produtos fabricados dispostos para a súa utilización. O arquivo documental de fabricantes debe conter, as prescricións dos produtos sanitarios a medida emitidas polos correspondentes facultativos.
10. Memoria en relación co procedemento para aplicar as medidas de restrición ou seguimento da utilización dos produtos que resulten adecuadas ou que determine a autoridade competente
11. Xustificante de ter abonada a taxa correspondente.
O prazo máximo para resolver as solicitudes de licenza de funcionamento aos fabricantes de produtos sanitarios a medida é de seis meses. Transcorrido devandito prazo sen resolución expresa entenderase concedida a licenza.
A licencia ten unha vixencia de cinco anos a partir da data da súa concesión ou revalidación, debendo indicarse de forma expresa na concesión ou revalidación da licenza. O interesado debe solicitar a revalidación da licenza; se non a solicita oportunamente, entenderase que renuncia ao dereito de revalidala, sen prexuízo de que poida solicitar unha nova.
A solicitude de revalidación debe dirixirse á correspondente delegación provincial da Consellería de Sanidade segundo o modelo normalizado que figura no anexo II do Decreto, xunto co xustificante de liquidación da taxa correspondente.
Como colexiado podes formar parte dunha relación de profesionais da prótese dental e ser chamado a intervir como perito xurídico naqueles asuntos para os que os Xulgados requiran os coñecementos dun profesional da prótese dental ou o propio Colexio requira dun experto ante actuacións ou reclamacións internas. Os informes de valoración a emitir serán aboados polos particulares que soliciten o informe ante o Xulgado ou Tribunal.
Se estás interesado en formar parte deste listado e realizar os informes retribuídos ante os Xulgados e Tribunais ou calquera outra administración que o requira, presenta a túa solicitude no Colexio.
Como pre-colexiado podes formar parte dunha relación de estudantes do Ciclo de Grao Superior en Prótese Dental para promover a túa formación e o teu perfeccionamento profesional e ser membro de pleno dereito do Colexio.
Se estás interesado en formar parte deste listado, presenta a túa solicitude no Colexio.