15 Abr Comunicado conxunto de dentistas, hixienistas e protésicos galegos
Nestes días nos que as todas as actividades odontolóxicas están baixo mínimos por mor da declaración do Estado de Alarma, o Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos, o Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia e o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia veñen de facer unha clara manifestación de unidade. A declaración fíxose nun Comunicado Conxunto asinado polos presidentes das tres institucións.
Os especialistas do sector odontolóxico galego amosaron un recoñecemento á actitude exemplar dos cidadáns, un apoio aos pacentes e a todos aqueles que perderon a un ser querido, e indicaron o compromiso dos profesionais que hoxe deben cumplir cas disposicións necesarias para superar a crise sanitaria ocasionada polo coronavirus, COVID-19.
“Durante estes días, os nosos profesionais cumpriron escrupulosamente todas as obrigacións, instrucións e consellos publicados polo Ministerio de Sanidade, a Consellería de Sanidade e por iso, sentímonos moi orgullosos de todos eles, polo seu alto nivel de implicación dando así resposta ao estado de alerta sanitaria”, din no comunicado asinado polos presidentes dos tres colexios profesionais.
Afirman os dentistas, hixienistas e protésicos que “…a unión dos profesionais, a complicidade dos cidadáns que nos respetan e a esperanza de poder volver desempeñar con dignidade a nosa profesión, é o único camiño que nos fará superar esta profunda crise sanitaria, económica e social”.
No compromiso de velar pola seguridade necesaria, os centros sanitarios de saúde bucodental poñeranse de novo a disposición dos pacientes e usuarios “ao finalizar o Estado de Alarma, e cando así tamén o determine a Consellería de Sanidade, garantindo como sempre, a bioseguridade e a calidade clínica de todas as nosas actuacións”.
Adxuntamos o Comunicado de Odontólogos Hixienistas e Protésicos