Manifestación convocada polos técnicos superiores sanitarios de laboratorio, anatomía patolóxica, imaxe para o diagnóstico e radioterapia para o recoñecemento da súa formación como grao universitario

Manifestación convocada polos técnicos superiores sanitarios de laboratorio, anatomía patolóxica, imaxe para o diagnóstico e radioterapia para o recoñecemento da súa formación como grao universitario

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais Galicia por medio da presente quere mostrar o seu apoio á manifestación convocada polos Técnicos Superiores Sanitarios de Laboratorio, Anatomía Patolóxica, Imaxe para o Diagnóstico e Radioterapia, para o recoñecemento da súa formación como grao universitario.

A manifestación terá lugar en Madrid, o vindeiro sábado 5 de marzo ás 12:30 horas. Partirá do Ministerio de Educación (rúa Alcalá) e rematará no Ministerio de Sanidade (Paseo do Prado).

Esta reivindicación, á que nos unimos, debe servir como guía ou expemplo para que a nosa profesión, de protésico dental, tamén sanitaria de titulación superior, continúe a traballar pola obtención dunha titulación de Grao Universitario. Consideramos que o grao de esixencia e responsabilidade na práctica diaria dos laboratorios non se corresponde co nivel formativo que actualmente se adquire no centros de Formación coa titulación de Formación Profesional de Grao Superior, a isto debemos engadir a constante innovación e avances nas novas tecnoloxías e técnicas imperantes na actividade do protésico dental, polo que abarcar os estudos que se requiren para a formación de futuros profesionais protésicos dentais non pode reducirse a un Grao Formativo de dous anos de duración sendo preciso unha titulación con máis carga e contido formativo, o que en consecuencia conleva a unha titulación de Grao Universitario.



error: contido protexido!
Falamos?