06 Abr Aprazada ExpoDental a 2022
EXPODENTAL, o Salón Internacional de Equipos, Produtos e Servizos Dentais, aprazou a realización da edición prevista para este xullo ao vindeiro ano 2022. Malia todos os esforzos feitos para tentar facela en xulio, tomouse a decisión tras unha reunión mantida o xoves 2 de abril polo Comité Organizador e á vista do contexto actual xerado polo COVID-19 en todos os ámbitos: sociais, asistenciais e económicos.
Estimou o comité organizador que as datas de 2 ao 4 de xullo, non ofrecen as garantías necesarias para asegurar unha contorna de celebración favorable e de absoluta normalidade.
Ifema e Fenin agradecéronlle “aos expositores e profesionais do sector dental a súa comprensión e apoio nesta difícil decisión e confían en continuar traballando para que a edición do 2022 sexa un éxito crecente como veu sendo en todas as súas edicións”.
As naves de IFEMA están a desenvolver na actualidade un labor fundamental no eido sanitario dando acollida a un hospital de emerxencia destinado á alta demanda de enfermos do COVID19. Estanse a atender no local 5.000 afectados, así como tamén albérganse 1.500 prazas para persoas sen fogar, o obxectivo e cumprir co seu compromiso coa sociedade e coas empresas.