Avanzamos nas III Xornadas Normativas

III Xornadas Normativas de Coprodega

Avanzamos nas III Xornadas Normativas

Unha potente mañá, con intensa interacción entre asistentes e conferenciantes foi a tónica das III Xornadas de Formación e Normativa que organizamos dende o colexio, o pasado sábado 27 de novembro. Do encontro xurdiron interesantes conclusións de profundo interese para os protésicos e protésicas dentais de Galicia.

Responsabilidade Civil, con A.M.A.

O primeiro en intervir foi Roberto Núñez Sagredo, do Departamento de Responsabilidade Civil da mutua do colexio, A.M.A. Seguros. O especialista compartiu importantes novas sobre os cambios que están a ocorrer nas reclamacións penais e civis relacionadas co sector sanitario, e en especial, no sector dental.

Roberto Núñez Sagredo, Responsabilidade Civil en A.M.A. Seguros.

A inexistencia de condeados por xuizos de responsabilidade civil, é un dos  avais do departamento formado por cerca de trinta letrados, todos cun profundo coñecemento da materia e que garante a tranquilidade dos profesionais.

Garantías de produto, Instituto Galego de Consumo

Pola súa banda, José María Pita Ponte, xefe do Servicio de Protección ao Consumidor del IGC, permitiu aos asistentes coñecer o feito de ofrecer servizos, poder analizar a súa natureza e os dereitos que se teñen en función do tipo de servizo e produto que se ofertan.
A interacción fixo desta intervención, ademáis dunha exposición, unha oportunidade de consultar e facer ver á administración as necesidades dos protésicos dentais.
Os asistentes, activos en todo momento, puideron expresar as súas inquedanzas estimulados pola receptividade do especialista no tema.

José María Pita Ponte, xefe do Servicio de Protección ao Consumidor.

 

Calidade, con AENOR

A importancia de pisar forte no que ten que ver ca calidade do traballo protésico e a complexidade da labor, foi o tema abordado no encontro con José Enrique Rodríguez Coello, Director en Galicia de AENOR.

Rodríguez Coello deu liñamentos importantes para poñer en valor a labor protésica. A súa exposición entusiasta pechou unha mañá chea de novidades.

III Xornadas-AENOR

José Enrique Rodríguez Coello, Director en Galicia de Aenor.



error: contido protexido!
Falamos?