25 Xan Firma de convenio con Actualizados Comunicación
O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia ven de asinar un convenio de colaboración coa entidade Actualizados Comunicación, empresa especializada na xestión de redes sociais.
Por medio deste convenio de colaboración todos os colexiados e colexiadas, disfrutarán dun 20 % de desconto sobre o orzamento que se realice en referencia á xestión das súas redes sociais. A tal efecto, para beneficiarse das condicións do convenio todos os colexiados e colexiados deberán acreditar a súa condición de colexiado mediante o seu carné de colexiado ou certificado de colexiación.
Dende o Colexio somos conscientes de que as redes sociais convertéronse nunha das estrelas protagonistas da comunicación dixital. As redes sociais non son só un eficiente medio de comunicación que permite á empresa chegar maís lonxe en materia de publicidade, senon que ademáis, constitúe unha valiosa ferramenta para captar clientes, por iso, contar cunha entidade externa que poida xestionar as comunicacións vía redes sociais do voso negocio, facilita o traballo de xestar, desenvolver e implementar distintas estratexias empresariais enfocadas ás devanditas redes sociais.
A través deste convenio de colaboración poderedes contar con profesionais cualificados con experiencia en comunicación corporativa para xestionar a imaxe e a comunicación online do voso negocio, que plantexarán unha estratexia axeitada aos vosos obxectivos, escollendo as redes sociais máis adecuadas, aportarán ideas, asesoramento, e estarán ao día das últimas tendencias.