03 Mai Primeira edición do Máster Modular de Prótese Dental en CAD CAM Analóxico e Dixital
O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia cos obxectivos de reforzar a aposta pola formación como factor clave para o desenvolvemento persoal e profesional, tanto dos recén titulados como dos profesionais en exercicio, así como para dar resposta ás demandas dos centros de traballo, organiza conxuntamente co centro Big Formación de Ourense o I Master Modular de Prótese Dental en CAD CAM. Analóxico e Dixital que se configura como un título oficial que posúe unha marcada orientación laboral e práctica, favorecendo o deseño curricular dos alumnos e a empregabilidade.
A primeira edición do Master impartirase no Centro Big Formación de Ourense e contará cunha duración de dez meses, comprendidos entre os meses de setembro de 2022 a xuño de 2023 e está orientado principalmente a estudantes e profesionais titulados en Prótese Dental.
Co Master Modular de Prótese Dental en CAD CAM. Analóxico e Dixital pretendese contrubiur a que os novos tiulados e os profesionais de Galicia obteñan unha mellor preparación e como consecuencia disto os laboratorios sexan máis competitivos nunha realidade sanitaria, social e económica que así o exixe, tendo como obxectivo principal visualizar e transmitir os principais aspectos da fabricación da prótese dental, tendo como obxectivo principal de ofrecerao alumnado unha formación especializada e profesional de carácter teórico-práctico para o desenvolvemento profesional da actividade, outorgando competencias profesionais que lles permita a execución da actividade de protésico dental de forma autónoma. A tal efecto que será 100% presencial ofrece una metodoloxía eminentemente práctica, cun soporte teórico baseado sempre nos últimos avances do sector. Cada módulo formativo combinará clases teóricas con clases prácticas.
Prazo de preiscrición e matrícula: Aberto o prazo de matrícula
Prezo: Tarifas especiais para estudantes, pre-colexiados e colexiados.
- Estudantes, pre-colexiados e colexiados: 3.500 €
- Profesionais: 4.000 €
- Posibilidade de fraccionamento do pago en 10 cotas sen intereses.
Máis Información e Inscrición:
- Teléfonos: 653 221 335 e 654 825 395
- Mail: cpr@bigformación.com
- Web: bigformacion.com