Convenio de colaboración con Ediciones Especializadas Europeas

Convenio de colaboración con Ediciones Especializadas Europeas

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia ven de asinar un convenio de colaboración coa entidade Ediciones Especializadas Europeas S.L. por medio do cal todos os nosos colexiados terán acceso aos dez números da revista Labor Dental Técnica en formato dixital.

Cabe resaltar que o acordo de colaboración supón unha innovación e unha primicia en España ao ser este Colexio o primeiro en proceder á subscrición da devandita revista en formato dixital para todo o conxunto de colexiados.

A subscrición da citada revista en formato dixital é totalmente gratuita para os colexiados.



error: contido protexido!
Falamos?