COPRODEGA renova a súa web

COPRODEGA renova a súa web

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia mellora a súa presenza en liña coa posta en marcha dunha web totalmente renovada, con máis contidos, máis funcionalidades para socios e cidadáns e información actualizada.

Grazas a un novo deseño, ofrece unha imaxe máis limpa e unha estrutura máis eficiente que a anterior, o que se traduce nunha navegación máis áxil, intuitiva e agradable.

 

 

A nova páxina web concíbese como un espazo aberto para consultar as actividades, servizos e obxectivos do Colexio. Entre as súas novidades destacan unha canle de denuncia anónima, para loitar contra a competencia desleal e o intrusismo, e un rexistro de estudantes do Grao Superior de Prótese Dental que os recoñece como pre-colexiados e colexiados.

O seu deseño sinxelo e adaptativo, no que prima a usabilidade, permite visualizalo correctamente en todo tipo de dispositivos, sexan ordenadores, tabletas ou smartphones.

A nova web de COPRODEGA é máis atractiva, funcional e interactiva e supón unha mellor experiencia para o usuario que beneficiará a toda a comunidade.

 

 



error: contido protexido!
Falamos?