27 Nov Curso de especialización avanzado
DESEÑO E FABRICACIÓN DE PRÓTESES DENTAIS MEDIANTE TECNOLOXÍA CAD-CAM
— Acreditación oficial —
De xaneiro a xuño de 2024
Santiago de Compostela (presencial)
Prazas limitadas (10), por orde de inscrición e matrícula
ORGANIZADO POR:
- Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia (COPRODEGA)
- Xunta de Galicia
PROFESORES:
- JM Fonollosa
- Coke Reyes
- Luis Saraiva
- Mar Coloma
- Sergui Guirao
OBXECTIVOS DOS MÓDULOS TEÓRICO-PRÁCTICOS:
[ Con licenza de software gratuíta ]
Módulo 1: Introdución ao Deseño Dental Dixital
– Aprender os conceptos fundamentais do deseño dental dixital.
– Comprender e utilizar as ferramentas básicas necesarias para realizar deseños dentais dixitais.
– Proporcionar unha comprensión do fluxo de traballo dixital para a fabricación de próteses dentais.
Módulo 2: Deseño de Modelos Dixitais
– Capacitar aos alumnos na creación e manipulación de modelos dentais dixitais a partir dos datos escaneados.
– Realizar deseños precisos de preparacións dentais para diferentes tipos de próteses dentais.
Módulo 3: Escaneado Facial e Articulación Dixital
– Aprender a utilizar os escáneres faciais para a captura de datos tridimensionais, así como a integración destes datos no proceso de deseño dental dixital.
– Comprender e realizar a simulación do movemento mandibular no entorno dixital coa finalidade de obter unha planificación máis precisa.
Módulo 4: Rexistro de Imaxes Diagnósticas e Fotografía Dental de Alta Calidade
– Capacitar ao alumno na adquisición e procesamento de imaxes diagnósticas e fotografías dentais de alta calidade para o seu uso no deseño dental dixital.
Módulo 5: Deseño de Próteses Fixas e Estruturas Dixitais
– Aprender a deseñar próteses fixas sobre dentes naturais e sobre implantes, mediante software específico cad, segundo os criterios estéticos, funcionais e biomecánicos propios deste tipo de próteses.
– Aprender a deseñar estruturas sobre implantes, mediante software específico cad, segundo os criterios estéticos, funcionais e biomecánicos adecuados.
Módulo 6: Deseño de Férulas Quirúrxicas e Guías de Implantes
– Capacitar aos alumnos na planificación virtual de implantes dentais utilizando ferramentas dixitais.
– Aprender a deseñar e fabricar férulas quirúrxicas.
– Aprender a utilizar guías de implantes para cirurxía guiada para integrar a planificación no entorno quirúrxico.
Módulo 7: Deseño de Próteses Removibles Dixitais
– Aprender a deseñar próteses removibles dixitais, completas e parciais, mediante software específicos cad, segundo os criterios estéticos, funcionais e biomecánicos propios deste tipo de próteses.
Módulo 8: Deseño Dixital dunha Rehabilitación Total. Caso Clínico Completo
– Sintetizar e aplicar todos os conceptos, técnicas e procedementos aprendidos nun caso clínico completo para o deseño e fabricación dunha rehabilitación total.
Puntos de acreditación: pendente por parte do Sistema Acreditador
TARIFAS:
- Colexiados e estudantes: 3600 € (375 €/módulo). O custo da matrícula (600 €) débese formalizar no momento da solicitude de preinscrición e reserva de praza. Os colexiados do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia poden fraccionar o resto do pago en 10 prazos de 300 €/mes.
- Non colexiados: 4600 € (500 €/módulo). O custo da matrícula (600 €) débese formalizar no momento da solicitude de preinscrición e reserva de praza.
Inclúe: almorzo o venres, café o venres e o sábado, e diploma acreditativo.
DESCRICIÓN:
Dentro da nosa oferta de formación continuada e especializada, dende o Colexio Oficial de Protésicos Dentais organizamos este novo curso que terá lugar no primeiro semestre de 2024. Con esta oferta, buscamos dar resposta ás carencias detectadas na formación regrada dos protésicos dentais no que ten que ver coa dixitalización de técnicas e procedementos. Precisamente, sobre esta situación tamén nos fan coñecedores dende os propios laboratorios, que precisan de profesionais con formación dixital.
O curso conta coa participación dun cadro docente formado por especialistas de recoñecido prestixio nacional e internacional e diríxese tanto a aqueles profesionais que xa teñen realizado o curso inicial como para outros en activo que buscan ampliar o manexo, coñecementos e aplicación dos sistemas dixitais.
O obxectivo xeral deste curso é capacitar aos alumnos técnicos dentais, con experiencia laboral ou iniciados no deseño de próteses dentais dixitais, no uso avanzado de ferramentas dixitais, atendendo ao fluxo dixital completo, desde o rexistro de imaxes diagnósticas e a realización de férulas cirúrxicas para a rehabilitación das arcadas superiores e inferiores sobre implantes, ata a planificación, o deseño e a fabricación de próteses dentais mediante esta tecnoloxía con sistemas de fresado, de sinterizado e de impresión 3D.
DATAS:
- Xaneiro: días 12 e 13
- Febreiro: días 2, 3, 23 e 24
- Marzo: días 8 e 9
- Abril: días 12 e 13
- Maio: días 24 e 25
- Xuño: días 28 e 29
PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA:
Descarga a solicitude e, unha vez cumprimentada, envíanola xunto co resgardo de ingreso do custo da matrícula a coprodega@coprodega.es.
SOLICITUDE
MAIS INFORMACIÓN: