29 Abr Pagos de salarios afectos por ERTE
PAGOS DE SALARIOS AFECTOS POR ERTE, POLA XUNTA DE GALICIA
Os traballadores afectados por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTEs) que aínda non cobraran as prestacións por desemprego do Goberno Central, xá poden solicitar á Xunta o anticipo das mesmas.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte estes apoios, que permitirán recibir de forma inmediata 1.500 euros, cun tope mensual de 750 euros, mediante un convenio acordado coas entidades financeiras inicialmente: Abanca, Caixa Rural, Banco Sabadell e CaixaBank.
Beneficiaránse desta nova liña, as persoas que presten os seus servizos laborais en Galicia, incluídas en ERTEs aprobados como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19 e que aínda non recibiran as prestacións que lles corresponden por parte do Goberno central. Os adiantos estarán libres de xuros e comisións.
As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do ERTE ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o ERTE afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente. Deste xeito, poderán facilitarse dous períodos de prestacións por persoa traballadora, ata o tope de 1500 euros.
Achégase a Orde de 24 de abril de 2020, ditada pola Consellería de Economía Emprego e Industria publicada no DOGA de 27 de abril.