27 Mar Autorización de peche dos laboratorios dentais
Atendendo ao solicitado por este Colexio, se acordou o peche dos laboratorios de prótese dental de Galicia. A resolución, dispoñible para os colexiados, foi ditada polo Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, pola cal. Restrínxese a actividade únicamente ás “urxencias imprescindibles e inexcusables”.
O acordo prodúcese ante a solicitude por parte do colexio, ao Conselleiro de Sanidade da Xunta, de medidas urxentes para o noso colectivo ante a situación de alarma que sofre o país. O pasado 25 enviouse o escrito pedindo o peche das actividades nos laboratorios de protese dental na nosa comunidade. Esta medida foi solicitada para «o tempo que fora prudentemente necesario nesta crise» causada polo coronavirus, COVID-19.