Cancelados os eventos programados polo colexio

Cancelados eventos

Cancelados os eventos programados polo colexio

Co fin de garantir a saúde de os protésicos e protésicas, e de todas as persoas involucradas nestas actividades, no Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia vémonos na obriga de suspender a axenda convocada para marzo e abril. Esta medida cumpre coas medidas adoptadas polas administracións pertinentes fronte a pandemia do coronavirus COVID-19, así decretada pola OMS.
Quedan canceladas deste xeito:
-A Asemblea Xeral Ordinaria, prevista para o sábado 21 de marzo, posponse. No momento en que se acorde unha nova data de celebración porémonos en contacto con vostedes aos efectos de programala.
-A Xornada de Confraternidade, prevista ese mesmo día a continuación da Asemblea Xeral Ordinaria. Tamén posponse ata nova data.
-O Curso de SINELDENT, Curso Básico de Exocad, que estaba previsto para os días 17 e 18 de abril de 2020. Celebrarase despois do verán.
Neste senso informamos de quen o desexe, pode cambiar a data de inscrición no curso para vindeiras edicións. É importante saber que aínda non están programadas e que se comunicarán no seu momento.
No susposto de que non se estea interesado nun cambio de data, procederase á devolución do importe abonado polo curso.
 

Aproveitamos para apoiar o chamado

á minimizar o impacto da pandemia

con conductas responsables e de sentido social.

 
 



error: contido protexido!
Falamos?