09 Dec Convenio con Fycos para a xestión dos residuos
Ofrecer vantaxes e atención especializada para os colexiados e colexiadas é o obxectivo que se propuxo Coprodega, ao asinar con FYCOS Auditoría-Consultoría un convenio que nos permite contar cunha asesoría integral en materia de xestión ambiental en condicións favorables. A asesoría atende ás necesidades derivadas da produción de residuos sanitarios e a súa consecuente presentación legal obrigatoria.
Os colexiados teñen un desconto do 10% sobre a contratación de todos os servizos que oferta a empresa consultora. Fycos tamén ofrece nas súas liñas de negocio o a consultoría e auditoría da xestión da calidad e os riscos laborais.
Desde Fycos lembran que as empresas, independentemente da súa actividade e tamaño, teñen que cumprir con esixencias ambientais. Para iso é necesario utilizar ferramentas que integren o medio ambiente na súa xestión. Para seguir sendo competitivas, as organizacións necesitan cada vez máis un Sistema de Xestión Ambiental ( SGA), como unha maneira sólida de identificar e controlar os efectos da empresa sobre o medio ambiente.
Documentación legal
Cumprir ca normativa medio ambiental abrangue puntos como:
- Obrigas no almacenamento dos residuos,
- comunicación axeitada da actividade,
- elaboración do libro de rexistro
- asistencia ante inspeccións
- entrega de cartafol do laboratorio, entre outros.
Máis aló da legalidade, o medio ambiente
Cada vez vai tomando máis importancia, tras a pandemia global do ano 2020, a sensibilidade para que as empresas incorporen na seu desempeño medidas de sustentabilidade medio ambiental. Ao asinar o convenio de colaboración con Fycos para a xestión dos residuos e, en xeral, o tema ambiental dos laboratorios, damos un paso máis que garante a responsabilidade dos nosos establecementos e profesionais colexiados.
No caso dos laboratorios protésicos con todo que trátase, xa, dunha prescrición indispensable que permite o seu funcionamento autorizado, queda clara a responsabilidade da nosa profesión no uso responsable dos produtos, e o tratamento dos residuos sanitarios xenerados durante o proceso de elaboración das nosas prótesis dentais.