Reunión Científica “A Odontoloxía do futuro xa está entre nós”

Reunión Científica “A Odontoloxía do futuro xa está entre nós”

O Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña con motivo da celebración da súa patroa —Santa Apolonia— organiza a Reunión Científica “A Odontoloxía do futuro xa está entre nós”, que terá lugar os vindeiros días 10 e 11 de febreiro no Hotel Oca Puerta del Camino da cidade de Santiago de Compostela.

Neste evento estarán representados todos os colexios profesionais que integran o equipo dental, isto é o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña, o Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia e o Colexio de Protésicos Dentais de Galicia atendendo ao marco de colaboración institucional entre as devanditas corporacións colexiais como ven sendo habitual.

Dentro do evento pódense diferenciar as seguintes actividades:

– Curso de Reanimación Cardiopulmonar Avanzada, que se celebrará na Sala Obradoiro

– Reunión científica, que terá lugar na Sala Principal

– Cea de confraternidade

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia participa na programación da Reunión Científica coa ponencia de D. Manuel Ruiz Agenjo “Odontoloxía Funcional: Desde o diagnóstico ao tratamento”, que terá lugar o sábado día 11 de febreiro en horario de 17:30 a 18:30 horas. Trátase dunha conferencia sobre prostodoncia aplicada con odontoloxía biofuncional. Protocolos de diagnóstico complexo e prótese efectiva no concepto de odontoloxía biofuncional mediante a utilización do sistema ITAKA.

 

Data:   Venres 10 e sábado 11 de febreiro de 2023
Lugar:  Hotel Oca Puerta del Camino, sito na rúa do Miguel Ferro Caaveiro s/n de Santiago de Compostela
Prezos: 

-Curso RCP + Cea de Santa Apolonia: 100,00 €

-Reunión Científica + Cea de Santa Apolonia: 50,00 €*

-Cea de Santa Apolonia: 40,00 €

Inscrición: https://icoec.es/noticias/programacion-santa-apolonia/

 

* A inscrición á Reunión Científica inclué a cea de Santa Apolonia, a non asistencia á cea non conleva una reducción ou mimoración do prezo de inscrición á Reunión Científica.

A Asistencia á cea de Santa Apolonia deberá ser confirmada polos asistentes.

Máis Información sobre o programa e inscricións na seguinte ligazón: https://icoec.es/noticias/programacion-santa-apolonia/



error: contido protexido!
Falamos?