03 Mar Asemblea ordinaria 17 de marzo
Posted at 10:23h
in Actualidade
Convocatoria da Sesión Ordinaria nº 1/2023, da Asemblea Xeral, que terá lugar o vindeiro venres día 17 de marzo de 2023, no Hotel Axís Vigo, sito na rúa María Berdiales nº 22, da cidade de Vigo, ás 19:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.
De conformidade co disposto no artigo 19 dos Estatutos, a partir da convocatoria están a disposición dos/as colexiados/as na sede social do Colexio (Rúa Hórreo 7, 1º dereita, de Santiago de Compostela) os expedientes incluídos na orde do día.
Por motivos organizativos, prégase aos asistentes puntualidade, e confirmación da súa asistencia a través da Secretaría Técnica do Colexio (telf. 981 571 017/coprodega@coprodega.es).