Mesa Redonda sobre “a importancia de ter un convenio colectivo da prótese dental en Galicia”

Mesa Redonda sobre “a importancia de ter un convenio colectivo da prótese dental en Galicia”

O Colexio organiza unha Mesa Redonda que terá lugar o vindeiro sábado día 14 de maio de 2022, Sala de Conferencias de Afundacion Abanca, sita na rúa do Vilar nº 19, da cidade de Santiago de Compostela onde se abordarán e analizarán os aspectos e a importancia de contar cun convenio colectivo propio para o noso sector en Galicia, como xa se ten feito noutras comunidades.

A Mesa Redonda contará coa participación de profesionais como D. Josep Montero i Pelegrí, Presidente do Colexio Profesional de Protésicos Dentais de Cataluña, Dª. Belén Martínez Troncoso, Presidenta da Asociación Empresarial de Laboratorios de Prótese Dental de Galicia, D. Juan José Santamaría Conde, decano do Colexio de Economistas de Pontevedra (2003-2019) e D. Alejandro Pérez Otero Vicepresidente 1º do Colexio Oficial de Graduados Sociais de A Coruña e Ourense, profesionais todos eles, que participaron na creación de convenios colectivos, e que nos brindan a oportunidade de percibir un punto de vista claro e fundamentado a través da súa experiencia profesional sobre a importancia da creación dun convenio colectivo.

 



error: contido protexido!
Falamos?