Avelino Sanmartín en Terapia Dental Radio

Avelino Sanmartín en Terapia Dental Radio

A semana pasada, Sergi Guirao entrevistou ao Presidente de Coprodega, Avelino Sanmartín, no innovador portal web, Terapia Dental Radio. Sergi Guirao, protésico especializado en CAD- CAM e fluxo dixital, é un dos promotores da plataforma de divulgación dirixida ao sector dental.
Avelino Sanmartin entrevistado en Terapia Dental Radio
Resulta sorprendente, pero Terapia Dental Radio empeza a ser unha consecuencia positiva da actual pandemia, ao constituírse nun órgano de divulgación da profesión protésica con alcance nacional e obviamente, internacional.
Durante unha amena e moi completa conversación, Guirao aproveitou a ampla experiencia gremial do presidente de COPRODEGA para abordar o futuro da profesión. Tamén falouse das posibilidades de traballo conxunto que teñen os protésicos. Véronse as opcións para reforzar a súa posición no mundo dental e laboral.
O presidente do colexio de protésicos galegos foi abordado sobre a súa propia historia na profesión e os logros alcanzados no Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia ao longo dos seus dezanove anos á fronte do colexio.
A continuación partillamos a páxina onde pode escoitarse a interesante conversa.

Sección de Sergi Guirao en Terapia Dental Radio

Entrevista a Avelino Sanmartín en Terapia Dental Radio.


 



error: contido protexido!
Falamos?