06 Xul Indignación polo asesinato de Samuel, un compañeiro
Os colexios de odontólogos, hixienistas dentais, e protésicos de Galicia desexan expresar a súa máis profunda indignación polo covarde asasinato do noso compañeiro sanitario, Samuel Luís Muñiz, o cal desenvolvía a súa actividade asistencial na Fundación Pai Rubinos.
Unha vez máis a barbarie duns poucos non só segou de maneira inexplicable a vida deste mozo sanitario, senón que golpeou con inusitada crueldade aos seus familiares amigos e compañeiros de profesión.
Dende os nosos colexios profesionais enviamos a toda a súa familia o noso máis sentido pésame.
Esiximos que a xustiza actúe de maneira contundente sobre os culpables e os seus cómplices e que o recordo de Samuel perdure na sociedade para que nunca máis teñamos que escribir un comunicado como este.
Descanse en paz.
Colexio de Odontólogos de Galicia ICOEC
Colexio de Higienistas Dentales de Galicia
Colexio de Protésicos Dentais de Galicia