Mesa Redonda “A importancia de ter un convenio colectivo da prótese dental en Galicia”

Mesa Redonda “A importancia de ter un convenio colectivo da prótese dental en Galicia”

O pasado sábado 14 de maio de 2022 tivo lugar na Sede de Afundación Abanca sita na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, a celebración da Mesa Redonda “A importancia de ter un convenio colectivo da prótese dental en Galicia”, organizada polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, onde participaron diversos profesionais tanto do ámbito profesional como empresarial relacionados coa profesión de prótesico dental así como coa creación de convenios colectivos, que achegaron aos asistentes un punto de vista claro e fundamentado, a través da súa experiencia profesional,sobre a necesidade e a relevancia da redacción e aprobación dun convenio colectivo  do sector da Protese dental na Comunidade Autónoma de Galicia, que regule as relación laborais dos traballadores.

A mesa Redonda estivo dirixida e moderada polo Presidente do Colexio D. Avelino J. Sanmartín Caamaño, e contou coa colaboración de D. Juan José Santamaría Conde, decano do Colexio de Economistas de Pontevedra entre os anos 2003-2019, Dª. Belén Martínez Troncoso, Presidenta da Asociación Empresarial de Laboratorios de Prótese Dental de Galicia, D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º do Colexio Oficial de Graduados Sociais de A Coruña e Ourense así como con D. Josep Montero Pelegrí, Presidente do Colexio Profesional de Protésicos Dentais de Cataluña.

Juan José Santamaría Conde, que acudiu en representación da Unión de Profesionais de Galicia e falou de como proxectar a profesión de protéicos Dental en España e nos demáis países do Espazo Económico Europeo aos efectos do recoñecmento no dito espazo da profesión e da súa mobilidade na prestación de servizos noutros países europeos, Dª. Belén Martínez Troncoso realizou a súa exposición desde a súa propia experiencia profesional e persoal no lado da parte empresarial no tocante ao intento de formalizar o convenio colectivo propio do sector, D. Alejandro Pérez Oterocomentou os aspectos fundamentais que deben dar lugar á creación dun convenio colectivo propio do sector, identificou e propuxo distintas recomendacións de utilidade para a aprobación dun convenio colectivo do sector da Protese dental na Comunidade Autónoma de Galicia e D. Josep Montero i Pelegrí brindounos a través da súa experiencia profesional a importancia da creación dun convenio colectivo para a prótese dental.

Queremos subliñar a importancia que para a esta institución supón ter o dito marco regulador na nosa profesión, por canto establecería unhas normas moi útiles e necesarias para un axeitado fluxo nas relacións laborais entre traballadores e as empresas.

 

Se che gustou, compárteo! Share on Facebook
Facebook
Share on LinkedIn
Linkedin
Tweet about this on Twitter
Twitter
Email this to someone
email
Print this page
Print


error: contido protexido!
Falamos?