Curso de modelado analóxico e dixital en articulador

Curso de modelado analóxico e dixital en articulador

O Centro de Formación Big Formación conxuntamente co Colexio organizará a celebración do Curso de Modelado Analóxico e Dixital en Articulador, segundo dos módulos que conforman o Master Modular de Prótese Dental en CAD CAM. Analóxico e Dixital.

O Curso terá lugar os vindeiros días 8 e 9 de xullo de 2022, terá unha duración de 12 horas e será impartido no Centro de Formación Big Formación de Ourense

O Curso contará cos seguintes contidos:

  • Oclusión funcional óptima e esquemas oclusais dinámicos
  • Determinantes da morfoloxía oclusal
  • Montaxe de modelos en articulador e a súa programación
  • Morfoloxía dentaria baseada na oclusión. Técnicas de modelado
  • Modelado analóxico en articulador
  • Conceptos e técnicas de modelado dixital 3D
  • Modelado dixital 3D

Prácticas do alumno

  • Montaxe de modelos en articulador analóxico
  • Modelado por adición sector anterior e posterior en articulador
  • Importación de arquivos para montaxe de modelos en articulador dixital
  • Modelado dixital 3D

 

MAIS INFORMACION DE INTERESE

Prazo de preiscrición e matrícula: Aberto o prazo de matrícula

Prazas limitadas

Modalidade presencial

Prezo: Tarifas especiais para estudantes, pre-colexiados e colexiados.

  • Estudantes, pre-colexiados e colexiados: 475 €
  • Profesionais: 550 €

Máis Información e Inscrición:

 



error: contido protexido!
Falamos?