13 Nov COPRODEGA fai campaña de prevención fronte ao COVID-19
O compromiso colectivo dos protésicos dentais de Galicia ca prevención fronte ao SARS COV1 SARS-CoV-1/2 (COVID-19) amosouse na nova campaña corporativa de COPRODEGA. Traballouse para dotar a todos os colexiados dun kit de seguridaden que comparten hoxe todos os seus membros e relacionados.
A Xunta de Goberno do Colexio comprometida cos novos retos que supón o virus nos nosos entornos sanitarios e na protección dos colexiados e colexiadas, compartiú deste xeito unha mensaxe con varios puntos estratéxicos.
Uns puntos gardan relación cas prácticas no laboratorio, outras co correcto aillamento dos aerosoles humáns como a mascarilla, e a hixiene das mans co fin de enviar unha mensaxe de seguridade a todos e a todas que viaxan cara aos lugares de traballo.
Coidarse, conceptos e ferramentas
O kit ten un sentido práctico, corporativo, inspirador e sinxelo para o día a día. O seu contido é:
- Unha mascara lavable ata 50 veces. Ref. 2577_Hixiénica e reutilizable. Especificación UNE 0065:2020.
- Un estuche que permite manter a mascarilla hixienizada.
- Un bolígrafo ionizado, material ABS, inhibidor del crecimiento bacteriano. ISO 22196:2011.
- Toallas desinfectantes.
- Infografía cun “Protocolo de Desinfección da Prótese Dental” para ubicar de xeito visible nos laboratorios. A lámina aporta un protocolo específico para traballos entrantes e saíntes. Baseado no traballo da TPD Beatriz Alonso Guerra.
Atención a todas as necesidades dos colexiados fronte á pandemia
Do mesmo xeito a Secretaría Técnica, tal como vimos ofrecendo de sempre, (e en especial, o fixemos durante o primeiro Estado de Alarma), está á disposición de colexiadas e colexiados, exercentes ou non exercentes, autónomos ou traballadores, co obxectivo de axudar na xestión da situación. Son necesarias accións de orientación normativa, legal, administrativa, e laboral derivada destas complicadas circunstancias que aínda non chegan ao final.
O noso fin é dar resposta aos novos escenarios que plantexa, para o exercicio diario da nosa profesión, a situación de pandemia que chega aos dez meses o próximo decembro deste duro ano 2020.
Os protésicos imos continuar amosando unha imaxe de unidade frente ao COVID, e identificarnos como unha comunidade sanitaria que asumiú a súa parte de responsabilidade fronte á pandemia. Dende o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia dende sempre puxemos no centro a protección dos colexiados, os seus achegados, e aos pacientes, na protección frente ao virus.