29 Out Xornada Fluxo dixital e impresión 3D
Un dos maiores reclamos dos protésicos é obter información sobre os procesos de dixitalización. Son cada vez máis importantes nos innovadores sistemas de produción, tamén na nosa profesión. O 16 de novembro haberá unha xornada clave sobre este tema para os protésicos de Galicia.
A Xornada Fluxo Dixital e Impresión 3D vaise desenvolver no Colexio Oficial de Médicos de A Coruña, en Santiago de Compostela, a partir das 9.30 da mañán. Asistirán a este evento tres poñentes moi relavantes nas súas especialidades.
Os poñentes da xornada
Comeza a xornada Paulo Pacheco, Director de SmileArtist. Na súa intervención Revolución Dixital 3.0 -Mínimamente invasivo para o traballo en equipo, falaranos das resistencias que traen as revolucións, coma a dixital. Resistencia ao cambio. A revolución dixital está chegando aos laboratorios dentais. Pacheco converteuse desde fai tempo, nun referente no aproveitamento das ventaxes da optimización do tempo pola implantación dixital, mantendo a calidade do traballo do equipo. O seu aproveitamento pode producir una mellora importante na vida persoal e profesional dos profesionais protésicos.
Segue na súa intervención David Alonso Responsable de Inxeniería en Sineldent. O laboratorio dixital, unha realidade hoxe. Explicaranos os métodos do fluxo e fabricación dixital, a realidade do proceso a través da visión da inxeniería. Fará unha exploración da tolerancia na entrada de datos no proceso e os erros de precisión para minimizar su aparición
Finalmente Lucía Míguez, Directora de Rysia Impresión 3D, terá a exposición do 3D ca charla Impresión 3D na prótese dental. O obxectivo é achegar dunha forma sinxela os conceptos básicos do 3D aos protésicos, e o coñecemento das resinas que melloran o rendemento no traballo protésico. Se explicará cómo funcionan as máquinas a través dunha demostración práctica do proceso.
Programa
09.30-09.45h
Recollida de materiais
09.45-10.00h
Presentación do evento
10.00 a 11.00h
Revolución Dixital 3.0 -Mínimamente invasivo para o traballo en equipo
Poñente: Paulo Pacheco, SmileArtis
11.00 – 11.30
Coffee Break
11.30 – 12.30
O laboratorio dixital, unha realidade hoxe
Poñente: David Alonso, Sineldent
12.30 – 13.30
Impresión 3D na prótese dental
Poñente: Lucía Míguez, Rysia Impresión 3D
- Fluxo Dixital e Impresión 3D
- Lugar: Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (cerca estación de tren e parking).
- Fecha: sábado 16 de novembro
- Hora: 9.30 a 13.30
- Inscrición: coprodega@coprodega.es ou chamar a0 981 571017.
- Colexiados: 20€.
- Estudantes: Gratis.
Triptico-FluxoDixital-5Light