Aprazamento da cota de abril

Aprazamento da cota de abril

Debido a crise do COVID-19, os laboratorios protésicos teñen prácticamente reducida todas as súas actividades, non reciben encargas de deseño e fabricación de próteses dentais, nin poden as clínicas suministrarlles aquelas que xa estiveran en curso de elaboración. A razón non é outra que o peche das clínicas que tan só poderán atender as urxencias e emerxencias, sendo aprazados todos os demáis tratamentos.
Ante esta situación, o Pleno da Xunta de Goberno do Colexio, na sesión Extraordinaria-Urxente 3/2020 celebrada con data de 21 de marzo acordou A SUSPENSIÓN  DA COTA COLEXIAL CORRESPONDENTE AO MES DE ABRIL DE 2020  POR APRAZAMENTO.
O Colexio, en colaboración con outros colexios e institucións seguirá traballando para a defensa dos dereitos dos nosos colexiados e pola defensa da profesión. O feito de estar vinculados ás actividades das clínicas dentais, a presencia de pacentes e a prescripción de tratamentos, asín o esixen.
Á espera de que esta situación teña unha pronta solución o colexio ofrece esta opción que alivia a excepcionalidade da actual situación. Do mesmo xeito, todos aqueles colexiados que non desexen o aprazamento da devandita cota colexial e desexen que se lle xire a cota colexial ordinaria, deberán poñelo en coñecemento da Secretaría Técnica do Colexio.
Na Circular Informativa nº 7-2020 está toda a información



error: contido protexido!
Falamos?