29 Xuñ Curso: Javier Pimienta – Congreso de Implantoloxia
O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia vai participar cun obradoiro impartido por Javier Pimienta, no I Congreso Galego de Implantoloxía e Endodoncia, organizado polo Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña e as empresas Galimplant e Endogal.
O evento que se vai desenvolver en Noia, os días 9 e 10 de xullo, busca coñecer as últimas tendencias de interés para o sector. Un abanico formado por 30 dos mellores e máis experimentados expertos clínicos nestas áreas expondrán a súas novidades.
A este evento foi convidado o Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia que de forma conxunta co Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña e o Colexio Profesional de Hixienitsas Dentais de Galicia, lerán un manifesto en defensa da saúde bucodental e a importancia da interacción entre as profesions intervintes.
A dixitalización da cor na prótesis dental
COPRODEGA vai estar presente cos avances no eido protésico dental, co obradoiro de Javier Pimienta: “Hands On 2, Selección da Cor en Odontoloxía”, baixo o patrocinio de CM Dental. O destacado técnico protésico e especialista en prótesis máxilofacial impartirá dous obradoiros teórico prácticos de dous horas.
Explica Pimienta que OPTISHADE STYLEITALIANO “…permite, coa axuda dunha aplicación nun smartphone, adquirir información sobre a cor dun dente natural por medio dunha fotografía para ser reproducido en cerámica”.
“Posteriormente, a través dun software denominado MATISSE, -continúa a explicar Pimienta-, conseguimos as fórmulas, as mesturas exactas da porcelana logrando así resultados predicibles. Desde hai anos, axudámonos de espectrofotómetros para medir a cor dos dentes naturais. Estas medicións estaban limitadas a guías de cores do sector dental. Hoxe en día as medicións fanse de maneira dixital sen importar que tanto se pareza a peza para restaurar aos colorímetros que habitualmente usamos na clínica, aumentando con este sistema o éxito estético”.
Novas tecnoloxías para a toma da cor
As novas técnicas revolucionan a toma de cor e fan que os resultados sexan máis predicibles. Coa axuda de algoritmos e descargando aplicacións específicas.
Os datos que fai falla introducir son:
- estado e cor do substrato,
- tipo de restauración,
- espesor dispoñible e
- material de recubrimento estético que usaremos.
Con esta inforrmación, o software indica as cantidades exactas de masas cerámicas que usaremos na nosa reconstrución estética.
O programa Optishade toma a cor e Matisse dá as receitas de cerámica.
A grandes rasgos, a estrutura do obradoiro será a seguinte:
- Comunicación co laboratorio (Teoría)
- Fotografía dental DP Smile Line (Teoría-Práctica)
- OPTISHADESTYLEITALIANO (Teoría-Práctica)
- MATISSE software (Teoría-Práctica)
- Preguntas e respostas.
Inscrición no evento
A INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO SERÁ LEVADA A CABO EXCUSIVAMENTE POLA ENTIDADE GALIMPLANT e poderase facer A TRAVÉS DA SEGUINTE LIGAZÓN.
I Congreso Galego de Implantoloxía e Endodoncia, Galimplant
Data: sábado 10 xullo
Hora: A partir do mediodía.
Prezo: O importe do obradoiro é de 40,00 EUROS—inclúe xantar do sábado.
Patrocinador: CM Dental