29 Abr Suspensión da cota colexial
SUPENSIÓN DA COTA COLEXIAL CORRESPONDENTE AO MES DE MAIO
Perante a excepcional situación socio-sanitaria que se presenta como consecuencia da propagación do COVID-19, así como pola declaración do Estado de Alarma aprobado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, estado de Alarma que foi prorrogado pola Real Decreto 487/2020, de 10 de abril, ata o 26 de abril e posteriormente polo Real Decreto 492/2020, de 24 de abril ata o 10 de maio.
Tendo en conta o anterior e considerando que o Estado de Alarma permanecerá vixente polo menos ata o vindeiro 10 de maio, o Pleno da Xunta de Goberno reunido en sesión Extraordinaria 4/2020 celebrada onte 27 de abril adoptou entre outros, o acordo de APRAZAR A COTA COLEXIAL CORRESPONDENTE AO MES DE MAIO DE 2020.
Tal como se informara na Circular Informativa nº 7/2020 do 23 de marzo, todos aqueles colexiados que non desexen o aprazamento da devandita cota colexial e desexen que se lle xire a cota colexial ordinaria, deberán poñelo en coñecemento da Secretaría Técnica do Colexio e comunicálo no seguinte correo electrónico secretaria@coprodega.es
E como se informou, o cobro ou fraccionamento das cotas colexiais aprazadas (abril e maio) acordarase e comunicarase unha vez finalice o Estado de Alarma.