25 Mar O Colexio solicitou á Xunta o peche das actividades nos laboratorios de protese
O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, solicitou ao Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, a declaración de peche das actividades nos laboratorios de protese dental na nosa comunidade. Esta medida foi solicitada “durante o tempo que fora prudentemente necesario nesta crise” do coronavirus, COVID-19.
“As condicións nas que se están realizando as nosas actividades, en medio dun desabastecimento de material de prevención e medios de protección, … poñen en risco continuado a saúde do noso colectivo profesional”, -di a comunicación emitida polo colexio, que destaca o carácter sanitario da nosa profesión.
Do mesmo xeito, o colexio ofreceu a colaboración e contibución do gremio ante a situación tan complexa que para o Goberno da nosa Comunidade está supoñendo a xestión desta crisise. “Poñémonos á súa disposición así como á do Ministerio de Sanidade, para todo o que considere oportuno e necesario. O noso compromiso coa Sanidade de Galicia é total”.
Os termos da solicitude, no Comunicado ao Conselleiro Sanidade.