Falecemento do noso compañeiro Francisco Portela Lombardía

Luto

Falecemento do noso compañeiro Francisco Portela Lombardía

Lamentamos profundamente comunicar o falecemento o pasado día 15  de novembro, en Ponte de Outeiro, Moimenta (Lugo) do noso compañeiro Francisco “Paco” Portela Lombardía aos 89 anos de idade.
Paco Portela foi promotor e creador do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, séndolle asignado o número 1 de colexiado.
Así mesmo, formou parte da primeira Xunta de Goberno Xestora desenvolvendo o cargo de interventor ata a celebración das primeiras eleccións ao Pleno da Xunta de Goberno do Colexio celebradas no ano 2001.
Persoa moi apreciada tanto no Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia como na súa profesión, foi homenaxeado no seu día por este Colexio pola súa dedicación institucional e traxectoria profesional.
Lamentamos a súa perda e achegamos as nosas máis sentidas condolencias aos seus familiares e amigos.
In memoriam.
 



error: contido protexido!
Falamos?