A Asemblea Xeral será telemática

A Asemblea Xeral será telemática

Debido ás resctriccións de mobilidade en vigor,  declaradas pola Xunta de Galicia como consecuencia da propagación da COVID-19, a Asemblea Xeral Ordinaria 1/2021 do Colexio que terá lugar o vindeiro día sábado, 16 de xaneiro, celebrarase DE XEITO TELEMÁTICO. O encontro farase a través da plataforma Microsoft Teams do colexio.
A medida ten a  intención de evitar posibles contaxios entre o noso colectivo profesional e a cidadanía en xeral. Tamén garántese a operatividade e o acceso á nosa actividade colexial.
Por motivos de organización, os asistentes deberán CONFIRMAR A SÚA ASISTENCIA ATA O VENRES DÍA 15 DE XANEIRO, a través da Secretaria Técnica do Colexio (Telf. 981571017 ou polo e-mail: secretaria@coprodega.es).
 Todos aqueles que confirmaran a asistencia á devandita sesión, seralles enviada unha ligazón para conectarse o día 16 de xaneiro á celebración da sesión da Asemblea Xeral.



error: contido protexido!
Falamos?