Curso de especialización básico

Curso de especialización básico

TECNOLOXÍAS DIXITAL E ANALÓXICA PARA A PREPARACIÓN DE PRÓTESES DENTAIS ESTÉTICAS E FUNCIONAIS

 

— Acreditación oficial —

 

De xaneiro a xuño de 2024

Santiago de Compostela (presencial)

Prazas limitadas (10), por orde de inscrición e matrícula

 

 

ORGANIZADO POR:

  • Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia (COPRODEGA)
  • Xunta de Galicia

 

PROFESORES:

  • JM Fonollosa
  • Coke Reyes
  • Luis Saraiva
  • Mar Coloma
  • Sergui Guirao

 

OBXECTIVOS DOS MÓDULOS TEÓRICO-PRÁCTICOS:

[ Con licenza de software gratuíta ]

Módulo 1: Rehabilitacións Completas Acrílicas. Estética e Oclusión
– Aprender a técnica de montaxe de dentes en rehabilitacións completas acrílicas atendendo aos tipos de oclusión axeitados e segundo os criterios estéticos personalizados.
– Determinar o esquema de oclusión dinámica axeitado en sobredentaduras e próteses híbridas.
– Coñecer os diferentes esquemas oclusais estáticos e dinámicos en prostodoncia total.
– Aprender o modelado dos tecidos blandos segundo criterios estéticos e funcionais.
– Coñecer as técnicas de procesamento de materiais acrílicos.
– Coñecer e aplicar as técnicas de polimerización das resinas acrílicas para evitar reaccións irritativas e alerxias na mucosa oral.
– Coñecer e aplicar a técnica de tallado selectivo para o reaxuste oclusal.

Módulo 2: Obtención de Modelos Dixitais. Relacións Intermaxilares e Montaxe de Modelos no Articulador Analóxico e Dixital
– Capacitar aos alumnos na creación e manipulación de modelos dentais dixitais a partir dos datos escaneados.
– Comprender e realizar a montaxe de modelos en articulador semi axustable con arcos faciais anatómicos.
– Coñecer e aplicar as técnicas de montaxe de modelos no articulador mediante arco facial. Analóxico e dixital.
– Coñecer as técnicas de programación no articulador dos valores individuais do paciente con rexistros extraorais (arcos faciais cinemáticos e axiógrafos) e intraorais.
– Comprender e realizar a simulación do movemento mandibular no entorno dixital coa finalidade de obter unha planificación máis precisa.

Módulo 3: Montaxe de Dentes Dixitais para Rehabilitacións
– Aprender a posición correcta dos dentes para montaxe nunha rehabilitación total.
– Montar correctamente os dentes dunha rehabilitación total mediante un software de cad-cam para deseñar e fabricar próteses dentais.

Módulo 4: Modelado Analóxico e Dixital no Articulador. Determinantes da Morfoloxía Oclusal
– Coñecer a morfoloxía anatómica das pezas dentais.
– Coñecer os factores determinantes da oclusión e da morfoloxía oclusal dentaria.
– Aprender a modelar a morfoloxía dental coa técnica de adición de cera.
– Aprender a técnica de modelado anatómico dixital mediante un software de cad.

Módulo 5: Estética en Rehabilitacións Totais: Solucións Dixitais. Cerámica
– Aprender as técnicas de aplicación de recubrimentos estéticos mediante a estratificación de masas de cerámica sobre estruturas de circonio e de CrCo.

Módulo 6: Estética en Rehabilitacións Totais: Solucións Dixitais. Circonio
– Aprender a técnica de maquillaxe en próteses de circonio monolítico.

Módulo 7: Próteses Completas Dixitais. Análise Dixital Estética e Funcional do Sorriso. Férulas Oclusais
– Aprender a deseñar próteses removibles dixitais completas e férulas de descarga mediante un software específico cad.
– Aprender o uso básico dos softwares de cad de análise de deseño de sorriso.

Módulo 8: Estética en Rehabilitacións Totais: Solucións Dixitais. Composite
– Aprender as técnicas de aplicación de recubrimentos estéticos mediante a estratificación de masas de composite sobre materiais acrílicos e sobre CrCo.

Puntos de acreditación: pendente por parte do Sistema Acreditador

 

TARIFAS:

  • Colexiados e estudantes: 3400 € (350 €/módulo). O custo da matrícula (600 €) débese formalizar no momento da solicitude de preinscrición e reserva de praza. Os colexiados do Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia poden fraccionar o resto do pago en 10 prazos de 280 €/mes.

 

  • Non colexiados: 4000 € (425 €/módulo). O custo da matrícula (600 €) débese formalizar no momento da solicitude de preinscrición e reserva de praza.

 

Inclúe: almorzo o venres, café o venres e o sábado, e diploma acreditativo.

 

DESCRICIÓN:

Dentro da nosa oferta de formación continuada e especializada, dende o Colexio Oficial de Protésicos Dentais organizamos este novo curso que terá lugar no primeiro semestre de 2024. Con esta oferta, buscamos dar resposta ás carencias detectadas na formación regrada dos protésicos dentais no que ten que ver coa dixitalización de técnicas e procedementos. Precisamente, sobre esta situación tamén nos fan coñecedores dende os propios laboratorios, que precisan de profesionais con formación dixital.

O curso conta coa participación dun cadro docente formado por especialistas de recoñecido prestixio nacional e internacional e está orientado tanto para os estudantes recén titulados coma para aqueles profesionais que busquen iniciarse na dixitalización.

O obxectivo xeral deste curso é capacitar aos alumnos, técnicos dentais, con pouca experiencia ou con experiencia laboral especializada nun tipo concreto de prótese analóxica, e sen experiencia en tecnoloxías dixitais, no uso inicial de softwares de cad-cam para próteses dentais dixitais e na elaboración de rehabilitacións completas acrílicas, nos recubrimentos estéticos estratificados de cerámica e composite, no maquillaxe de próteses de circonio monolítico e na elaboración de férulas de descarga mediante tecnoloxías analóxicas e dixitais, cun grao de cualificación que facilite a súa integración ou amplíe o seu potencial de integración laboral.

 

DATAS:

  • Xaneiro: días 12 e 13
  • Febreiro: días 2, 3, 23 e 24
  • Marzo: días 8 e 9
  • Abril: días 12 e 13
  • Maio: días 24 e 25
  • Xuño: días 28 e 29

 

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA:

Descarga a solicitude e, unha vez cumprimentada, envíanola xunto co resgardo de ingreso do custo da matrícula a coprodega@coprodega.es.

 

MAIS INFORMACIÓN:

coprodega@coprodega.es

+34 981 57 10 17



error: contido protexido!
Falamos?