Os Colexios profesionais a prol da colexiación obrigatoria

Autoridades inauguran Congreso Implantoloxía

Os Colexios profesionais a prol da colexiación obrigatoria

Os Colexios profesionais de Odontólogos, Hixienistas Dentais e Protésicos Dentais de Galicia, representados polos Presidentes dos Consellos Autonómicos, presentaron un manifesto conxunto no que  manifestaron a súa unidade na procura de obxectivos que persiguen o seu compromiso ca saúde bucodental de todos os cidadáns.

O comunicado fíxose no marco de I Congreso de Implantoloxía e Endodoncia que tivo lugar en Noia, os días 9 e 10 de Xulio. A sesión inaugural foi presidida polo Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e contou coa representación de autoridades universitarias, Colexios profesionais Internacionais e os Colexios de Odontólogos de Galicia.

Ademáis das actividades científicas tiveron lugar mesas redondas profesionais, nas que se discutiu o peche das clínicas marquistas, o intrusismo e a publicidade enganosa.

Comunicado de Noia 2021

Á lectura do manifesto asistiu o noso presidente, Avelino Sanmartín Caamaño, polo Colexio Oficial de Protésicos Dentais de GaliciaConsello Galego nunha mesa presidida por José María Suárez Quintanilla, do Consello Galego de Odontólogos. Andrea Pardo Rivera, representou ao Colegio Profesional de Higienistas de Galicia.

Rolda de Prensa colexios prrofesionais dentais

Tres medidas sinaláronse fundamentais, neste senso, no escritochamado Comunicado de Noia 2021, documento «de concordia e para reclamar o que nos pertence como pofesión»:

  1. Esixir a colexiación obligatoria e inescusable de todos os profesionais que traballan en Galicia, non so como un medio de regular as profesións senon como un medio de certificar a calidade dos tratamentos e asegurar a responsabilidade dos profesionais e ser un medio eficaz, para loitar coa lacra que do intrusismo profesional persistente.
  2. Declarar o seu compromiso coa formación continuada de excelencia para todos os colexiados, cada un no seu ámbito de competencia, como único medio de garantir a innovación e seguridade dos tratamentos, seguindo os protocolos establecidos polos diferentes Colexios profesionais de Galicia.
  3. Reclamar ás Autoridades Sanitarias, un incremento no número de prazas e servizos públicos que garantan unha asistencia sanitaria no ámbito dental, acorde e proporcional á demanda social e ás necesidades dos pacientes, e que ao tempo, poidan dar resposta a todos aqueles que se atopan en situación de exclusión ou que precisan requirimentos especiais.

Tamén manifestouse a loita permanente fronte ao mercantilismo, o interese comercial, a publicidade enganosa e todas aquelas accións que son contrarias aos códigos dos respectivos colexios profesionais.

Así mesmo, está a vocación de iniciar con este manifesto una expansión destes valores no tempo e tamén hacia a profesión en todo o Estado «onde a confrontación entre os colexios profesionais e lamentablemente evident», expresou Suárez Quintanilla.

 

Foto de Familia I Congreso Implantoloxía

Texto do comunicado conxunto:

Comunicado conjunto de los Colegios – Noia Julio 2021

 

 

 

 

Total Page Visits: 565 - Today Page Visits: 30
Etiquetas


[wp_show_posts id="1627"]