Memoria anual

Cumprindo co principio de transparencia na xestión de toda organización colexial, facemos pública a nosa Memoria Anual durante o primeiro semestre de cada ano, tal como establece o artigo 11 da Lei 2/1974 de 13 de febreiro sobre Colexios Profesionais. No informe anual de Xestión Económica do Colexio atoparás unha visión clara e concisa da nosa actividade e estratexia económica.

Orzamentos

Os orzamentos de ingresos e gastos para cada ano son aprobados en Asemblea Xeral Ordinaria a finais do ano anterior e supoñen que a fixación das cotas para os colexiados.

Atención ao cidadán

Estamos ao teu servizo. Como colexiado ou consumidor/usuario de próteses dentais podes remitirnos as túas consultas, suxestións ou queixas, tal como establece á Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, así como a actual redacción da Lei de colexios profesionais do 15 de febreiro de 1974. Calquera información de proveito relacionada coas próteses dentais é benvida porque pode axudar a outros usuarios, estudiantes e profesionais.

 

Como presentar unha consulta, suxestión ou queixa

 

 

No caso concreto das queixas, o proceso de tramitación será o seguinte:

 

1º. Unha vez recibido o escrito de queixa, este será elevado á Xunta de Goberno do Colexio que, logo de examinalo, pode acordar unha das seguintes opcións:

 

    • Arquivo da queixa (artigo 75.1 do Decreto 304/2008, do 9 de outubro polo que se aproban os estatutos do Colexio), no caso de considerar que a denuncia carece manifestamente de contido, é inverosímil ou non ten fundamento.
    • Incoación dun expediente informativo previo (artigo 76 do Decreto 304/2008, do 9 de outubro). Neste caso dáselle traslado do escrito de queixa ao interesado denunciado para que -no prazo de 15 días- poida presentar cantas alegacións, documentos e a información que xulgue conveniente e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

 

2º. Tras recibir as alegacións do protésico, a Xunta poderá acordar unha das seguintes opcións, comunicándollo por escrito ao denunciante:

 

    • O arquivo das dilixencias de información previa.
    • A apertura dun expediente disciplinario.
Outra información de interese:
Que é unha prótese dental

Unha prótese dental, é un elemento artificial destinado a restaurar a anatomía de unha ou varias pezas dentarias, restaurando tamén a relación entre os maxilares, á vez que devolve a dimensión vertical, e repón tanto a dentición natural como as estruturas periodontais.

 

Tal vez sexa o obxectivo de maior importancia nunha prótese, posto que recuperar a funcionalidade de unha boca é o básico para o benestar do pacente, i é o primeiro, ainda que  non o único, que debe lograrse. As funcións da boca que ante todo se deben recuperar son: primeiro unha masticación eficaz (eficiente trituración dos alimentos), sen que a prótese interfira na deglución, posto que ambas funcións inflúen directamente en algo tan fundalmental como é a alimentación, e segundo unha fonética axeitada que permita ao paciente unha correcta comunicación, sen que a prótese interfira nela, senón todo o contrario, que a posibilite. Ademáis de isto,obviamente debe terse en conta que as próteses non deben interferir na respiración.

Que fai un protésico dental

Como profesional inscrito no Colexio Oficial de Protésicos Dentais que exerce de acordo co disposto na Lei 10/1986 do 17 de marzo, o RD 1591/2009, o RD 1687/2011 e a R.D.Lexislativo 1/2015, así como a demais lexislación vixente, é quen deseña, elabora, fabrica e reparara (en caso de rotura ou desgaste polo paso do tempo) as distintas próteses dentais existentes, así como os aparatos de ortodoncia removible, as férulas dentais, as cubetas de impresión individuais e outros; e ten plena capacidade e responsabilidade respecto as próteses dentais que elabora ou subministra e dos centros, instalacións e laboratorios correspondentes.

 

Cada caso clínico require unha prótese ou dispositivo determinado, e cada dispositivo que fabrica o protésico dental é unha obra artesanal única e personalizada que ten de cumplir todolos requisitos necesarios, tanto funcionais como estéticos; por elo, para desempeñar a profesión ademáis de adquirir os coñecementos técnicos e sanitarios (propiedades químicas e físicas dos materiais, técnicas de traballo e uso de maquinaria e instrumental, anatomía oral e facial, etc.), o protésico dental precisa ser habilidoso coas súas mans e perfeccionarse como profesional mentras desempeña a sua labor creativa co paso do tempo, para adquirir unha requerida experiencia.

Quen pode fabricar unha prótese dental

De acordo co establecido no RD 1591/2009, de 16 de outubro, polo que se regulan os produtos sanitarios, a prótese dental é un produto sanitario a medida de carácter invasivo, da clase IIa, cuxa fabricación require licenza sanitaria previa de funcionamento da instalación. O seu outorgamento correspóndelle á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e para súa concesión ou denegación estarase ao disposto no Decreto galego 294/2004, do 14 de outubro.

 

Só poden fabricar próteses dentais aqueles que teñan a titulación esixida polo RD 1594/1994, do 15 de xullo, ou a habilitación outorgada pola Administración autonómica, que estean incorporados ao colexio profesional correspondente, e que desenvolvan a súa actividade no laboratorio de prótese. O protésico dental ten recoñecido o carácter de profesión sanitaria polo artigo 2.3. da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.

 

O protésico dental ten recoñecido o carácter de profesión sanitaria polo artigo 2.3. da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.

Quen pode vender unha prótese dental

A comercialización consiste na primeira posta a disposición a título oneroso ou lucrativo (gratuito) dun produto sanitario non destinado a investigacións clínicas, con vistas a súa distribución ou utilización no mercado comunitario, independentemente de que se trate dun produto novo ou totalmente renovado.

 

De acordo co previsto nos artigos 22 e seguintes do RD 1591/2009, do 16 de outubro, poderán vender e distribuir produtos sanitarios a medida aquelas persoas físicas ou xurídicas que se adiquen a dita actividade e que o comuniquen por escrito as autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma.

 

O exercicio das profesións médicas ás que se refire o artigo 4.1. do R.D. Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo, será incompatible con calquera clase de interese económico directo derivado da fabricación, elaboración e comercialización dos medicamentos e produtos sanitarios.

Que responsabilidade ten o protésico sobre a prótese?

O protésico dental elaborará a prótese dental de acordo coas indicacións e prescricións dos médicos estomatólogos ou odontólogos, tendo plena capacidade e responsabilidade ante o facultativo que a prescribiu, salvo cando existan derivacións achacábeis ás impresións e rexistros bucodentais ou ulteriores colocacións da prótese.

 

A prescrición constitúe o documento que permite elaborar a prótese adaptada a un determinado paciente, e deslinda o ámbito da responsabilidade sobre as eventuais deficiencias do produto final. Ademais destas funcións, debe identificar adecuada e suficientemente ao paciente en orde a realizar operacións distintas das propiamente sanitarias.

 

As prescricións de medicamentos ou produtos sanitarios deberán cumprir os requisitos especificados no R.D. Lexislativo 1/2015, do 24 de xullo e no RD 1718/2010, de 17 de decembro, sobre receta médica e ordes de dispensación. O seu artigo 5º recolle o contido inescusable para súa validez e os datos adicionais necesarios distintos dos estritamente asistenciais, tales como verificación, cuantificación, liquidación, tratamento informático, comprobación ou outros similares.

 

COLEXIO OFICIAL DE PROTÉSICOS DENTAIS DE GALICIA

A prótese dental deberá estar elaborada mediante a utilización dos produtos, materiais, técnicas e procedementos normalizados de traballo tal e como se prevé no RD 1591/2009, do 16 outubro.
A prótese dental seranlle de aplicación as normas en materia de garantías na venda de bens de consumo, particularmente, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da RD Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias. Agás proba en contrario, presumirase que as faltas de conformidade que se manifesten nos seis meses posteriores a entrega xa existían cando o produto se entregou, salvo cando esta presunción sexa incompatible coa natureza do ben ou coa índole da falta de conformidade. Prescribirá a acción de reclamación unha vez transcorridos tres anos desde a entrega do ben, debendo o consumidor informar ao vendedor a falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela.

 

Por así esixilo o artigo 43 da Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias, os protésicos dentais que exerzan no ámbito da asistencia sanitaria privada, están obrigados a subscribir o oportuno seguro de responsabilidade que cubra as indemnizacións que se podan derivar dun eventual dano ás persoas causados con ocasión da prestación da asistencia ou servizo.

Recomendacións de uso de próteses dentais

Cada prótese presentará unhas determinadas indicacións das que deberá ser informado o paciente polo odontólogo.

 

Segundo o tipo de prótese o paciente deberá concienciarse en maior ou menor medida do mantemento da mesma, non obstante, son as próteses removibles (aquelas que o paciente pode retirar da boca e colocar novamente por sí mesmo), as que necesitarán de unha especial indicación para o usuario. Algúns consellos xerais para este tipo de prótese ben poderían ser:

 

  • Lavar a prótese despois de cada comida, usando un cepillo de dentes convencional ou ben un cepillo especial para prótese (que se pode adquirir en calquera farmacia), aplicando pasta dentífrica, ou ben xabón ou calquera tipo de lavavaixelas líquido (fairy, mistol, etc.), e despois aclarar moi ben con auga. É importante a hixiene da prótese así como da propia boca, principalmente por saúde e polo tanto por comodidade e ben estar, evitando ademáis o deterioro da prótese, así como malos olores ou a simple perda das características estéticas da mesma. Por elo o odontólogo debe insistir ao pacente na necesidade de realizar esta operación, se non tras cada comida, ao menos unha vez ao día.
  • Retirar a prótese para durmir, posto que é recomendable que os texidos da boca descansen da presión á que se ven sometidas, ao menos unhas horas diariamente.
  • Mentras se manteña a prótese fora da boca, aconséllase conservala en auga, ben soa, ou ben engadíndolle unhas pastillas desinfectantes preparadas para ese menester. De este modo evitanse golpes e deformacións, ao mesmo tempo que se conservan mellor os materiais dos que están feitas as próteses.
  • Cuando se manteña a prótesis retirada da boca, tal vez antes de durmir, é aconsellable realizar masaxes nas encías, posto que de este modo mellorarase o risco sanguíneo, o que fará que a reabsorción dos texidos sexa ao menos algo menor.

 

En coronas e pontes fixos, o cepillado deberá realizarse de igual modo que o de unha dentadura natural, existindo fíos dentais especialmente deseñados para este tipo de próteses, sendo recomendables tamén os enxuagues bucais con gluconato de clorhexidina ou incluso fluoruro de sodio, previamente recetados polo odontólogo.

Usas prótese dental e precisas asesoramento ou axuda? Fala con nós!
error: contido protexido!
Falamos?