O Colexio solicitou á Xunta o peche das actividades nos laboratorios de protese

O Colexio solicitou á Xunta o peche das actividades nos laboratorios de protese

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, solicitou ao Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, a declaración de peche das actividades nos laboratorios de protese dental na nosa comunidade. Esta medida foi solicitada «durante o tempo que fora prudentemente necesario nesta crise» do coronavirus, COVID-19.

«As condicións nas que se están realizando as nosas actividades, en medio dun desabastecimento de material de prevención e medios de protección, …  poñen en risco continuado a saúde do noso colectivo profesional», -di a comunicación emitida polo colexio, que destaca o carácter sanitario da nosa profesión.

Do mesmo xeito, o colexio ofreceu a colaboración e contibución do gremio ante a situación tan complexa que para o Goberno da nosa Comunidade está supoñendo a xestión desta crisise. «Poñémonos á súa disposición así como á do Ministerio de Sanidade, para todo o que considere oportuno e necesario. O noso compromiso coa Sanidade de Galicia é total».

Os termos da solicitude, no Comunicado ao Conselleiro Sanidade.

 



Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
[wp_show_posts id="1627"]