Nota Informativa_restrición da mobilidade

Nota Informativa_restrición da mobilidade

NOTA INFORMATIVA

Comunicación da Consellería de Sanidade:

A Consellería de Sanidade vén de anunciar o establecemento de novas medidas de restrición da mobilidade nas sete cidades galegas e na súa contorna, ás que ademais hai que engdir á limitación de xuntanzas entre persoas conviventes en 14 concellos.

Tras a xuntanza do Subcomité clínico que fai seguimento á evolución da covid-19 en Galicia, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou do conxunto de  medidas adoptadas para  conter a expansión do virus na nosa comunidade, destacando que desde as 15:00h deste mediodía se establecerá unha restrición perimetral de desprazamentos entre algúns concellos.

Neste senso, a mobilidade de persoas ficará restrinxida aos perímetros conformados polos seguintes grupos de concellos:  Santiago, Ames e Teo;  Ferrol, Neda, Fene e Narón; A Coruña e Arteixo; Pontevedra, Poio e Marín. Así mesmo, tampouco estarán permitidas as entradas e saídas nos núcleos de poboación de Vigo, Lugo e Vimianzo.

As medidas establecidas esta mañá, estarán vixentes até o vindeiro martes día 3 de novembro, data en que o Comité clínico voltará a reunirse e avaliará se é precisa a súa continuidade.

Nota de Prensa da Consellería de Sanidade

DOG_Octubre_2020 Venres, 30 de outubro de 2020_ PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Total Page Visits: 24 - Today Page Visits: 1


[wp_show_posts id="1627"]