Renovación da Póliza Colectiva de Responsabilidade Civil

Renovación da Póliza Colectiva de Responsabilidade Civil

COPRODEGA renovou a súa póliza colectiva de Responsabilidade Civil Profesional con AMA Seguros, un servizo esencial incluído na túa cota colexial sen custo adicional.

A sinatura do acordo celebróuse o pasado 14 de xaneiro na oficina de AMA en Santiago de Compostela, entre D. Jorge Nogueira Rey, delegado de AMA, e o noso presidente D. Avelino J. Sanmartín Caamaño. Vixente do 11 de febreiro de 2026 ao 10 de febreiro de 2027, esta póliza mantén amplas coberturas para protexer a túa actividade profesional como protésico dental. Este convenio non só cumpre coa Lei 44/2003 de Ordenación das Profesións Sanitarias, senón que tamén é clave para renovar licenzas de laboratorios.

Ademais, ofrece aos nosos colexiados/as descontos especiais en seguros de coche, vivenda, vida e multirisco para establecementos sanitarios/laboratorios.

Consulta orzamentos en https://www.amaseguros.com/promociones ou chama ao +34 981 264 566.

 

 



error: contido protexido!