Regulamento do servizo de emisión de informes periciais e profesionais

 

 

Artigo 1º Obxecto

Constitúe o obxecto desde regulamento establecer as normas e os procedementos de aplicación sobre solicitude, evacuación e remisión de informes profesionais en materia de próteses dental, no marco da función atribuída ao Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia no artigo 8º.9 dos seus Estatutos aprobados mediante Decreto galego 69/2000, do 23 de marzo.

 

 

Artigo 2º Destinatarios do servizo

1. Poderán facer uso do servizo todos os colexiados que no momento da solicitude cumpran as obrigas previstas no artigo 13º dos Estatutos, e estean ao corrente do pago das cotas ordinarias e extraordinarios e de calquera outra obriga económica derivada dos acordos, servizos e actividades colexiais.

2. As normas recollidas neste Regulamento tamén serán de aplicación para a emisión de informes técnicos ou periciais requiridos polas Administracións públicas, os tribunais de xustiza, e clientes ou empresas privadas.

 

 

Artigo 3º Técnico e perito protésico

Os informes en materia de prótese dental poderán ser emitidos polos profesionais colexiados que estean ao corrente no cumprimento das obrigas colexiais e en posesión do título de Técnico Superior en Prótese Dental, regulado polo Real Decreto 541/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas do título, ou foran habilitados mediante resolución firme da Consellería de Sanidade da Xunta de conformidade co disposto no Real Decreto 1.594/1994, do 15 de xullo.

 

 

Artigo 4º Rexistro de técnicos e peritos protésicos

1. Estará formado por todos os colexiados que, previa solicitude de inclusión, cumpran os requisitos do artigo anterior. Ordenarase numérica e correlativamente por orden de presentación da solicitude no Rexistro Xeral do Colexio.

2. O Rexistro de técnicos e peritos protésicos constitúe a relación dos profesionais con capacidade para a emisión de informes técnicos e periciais e determina a orde de intervención nos procedementos nos que se requira o servizo.

3. Será requisito esencial estar incorporado ao Rexistro para actuar como técnico ou perito protésico nos procedementos nos que sexa requirida a intervención do Colexio.

4. A solicitude de inclusión será formulada en modelo normalizado dirixida ao Presidente do Colexio, quen será competente para a súa resolución expresa. A desestimación da solicitude será motivada e deberá fundamentarse en algunha das causas fixadas no artigo 3º deste Regulamento.

5. Aprobada a inclusión no Rexistro notificarase ao interesado, acompañando copia do Regulamento do servizo, con indicación do número de orden que lle corresponde, e o certificado que o acredita como Técnico -Perito Protésico, aos efectos exclusivos do establecido no presente Regulamento.

6. Os datos incluídos no Rexistro estarán sometidos as disposicións sobre protección de datos de carácter persoal da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e demais normas de desenvolvemento.

7. Aos efectos da notificación e inscrición do Rexistro na Axencia de Protección de Datos, O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia ostenta a condición de responsabel do ficheiro.

8. O Rexistro, para o seu tratamento informático, contará cos seguintes campos:

    • Número de rexistro
    • Nome e apelidos, e número de colexiado
    • Data de inscrición
    • Data de designación
    • Procedemento no que intervén
    • Data na que se produce a perda de posición no rexistro
    • Data de aceptación, ou renuncia, expresa ou presunta

 

 

Artigo 5º Honorarios e gastos de intervención

1. Os profesionais designados para emitir os informes aos que fai referenza o artigo 1º deste Regulamento, percibirán con cargo aos recursos colexiais, en concepto de honorarios profesionais, as seguintes cantidades:

  • Informe pericial: 200,00 €
  • Informe técnico distinto do anterior: 150,00 €
  • Recargo por procedemento de urxencia: 70 %

2. En concepto de gastos de locomoción e dietas de manutención e aloxamento debidamente xustificados percibirán as seguintes cantidade

      • Utilización de vehículo propio: 0,17 €/km recorrido
      • Dieta de manutención: a) media dieta: 21,04 € b) dieta completa: 42,08 €
      • Dieta de aloxamento: 72,12 €
      • Utilización de outro medio de transporte: o importe do viaxe debidamente xustificado

3. Aos efectos do disposto no parágrafo anterior, entenderase por media dieta aquela que corresponde aos servizos prestado entre 8,30 e as 15,00 horas e entre as 15,00 e as 24,00 horas. Corresponderá dieta completa cando o servizo se preste entre as 8,30 e as 24 horas.

4. Os gastos de locomoción, manutención e aloxamento serán abonados a través do procedemento de “pagos a xustificar” previsto nas Bases de Execución do Orzamento Colexial.

5. Os honorarios profesionais pola emisión do informe poderán facerse efectivos mediante provisión de fondos equivalente ao 70 por 100 e posterior liquidación definitiva unha vez se remita orixinal a sede social do Colexio.

6. Os honorarios e dietas a que se refire este artigo faranse afectivos a partir de calquera momento posterior a aquel en que se produza a aceptación expresa da intervención no procedemento.

 

 

Artigo 6º Designación e orden de actuación

1. Formulada en modelo normalizado solicitude de servizo por calquera dos interesados aos que se fai referenza no artigo 2º, o Presidente do Colexio procederá a designar ao técnico –perito protésico ao que lle corresponda intervir atendendo ao orden de inclusión no Rexistro. A actuación deberá ser aceptada expresamente no prazo de 48 horas. A falta de aceptación ou a comunicación de desestimento producirá a designación do seguinte profesional incluído no Rexistro ao que lle corresponda o quenda de intervención.

2. Simultaneamente ca designación darase traslado dos antecedentes dos que se disponía para a emisión do informe, así como a identificación e domicilio do solicitante e copia da solicitude.

3. Como consecuenza da intervención por requirimento do Colexio como técnico – perito protésico en calquera procedemento administrativo, civil ou penal, así como no momento en que teña lugar a aceptación, desestimento expreso, ou transcorra o prazo de 48 horas sen que se comunique a aceptación, producirase a perda do número de orden no Rexistro pasando a ocupar o último lugar.

4. A regra anterior non será de aplicación cando concorra no desestimento ou renuncia expresa os motivos de abstención previstos no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Neste suposto o colexiado conservará o número de orden no Rexistro aos efectos de intervir no seguinte procedemento.

 

 

Artigo 7º Elaboración e remisión do informe

1. Para a redacción do informe o técnico –perito protésico realizará as comprobacións materiais, físicas e documentais que estime oportunas, solicitando ao interesado e aos Servizos Técnicos do Colexio cantos antecedentes considere relevantes para emitir unha opinión fundamentada en parámetros técnicos e nos principios de obxectividade, imparcialidade e competenza profesional.

2. O informe será redactado nun prazo máximo de sete días, desde que se produce a aceptación polo técnico –perito protésico. Transcorrido dito prazo deberá remitir tres orixinais a Secretaría Técnica do Colexio, quen se encargará de facelo chegar ao interesado.

3. Por razóns de urxencia, debidamente xustificadas na acordo de designación, o prazo anterior quedará reducido a tres días.

 

 

Artigo 8º Prezos

1. Os prezos pola prestación dos servizos establecidos neste Regulamento son os seguintes:

  • Informes periciais: 449,92 € (IVE non incluído)
  • Outros informes profesionais: 363,40 € (IVE non incluído)
  • Recargo por procedemento de urxencia: 70 %

2. Sobre os prezos anteriores será aplicada unha bonificación do 77,77 por 100 cando o servizo sexa solicitado por protésicos que estean ao corrente das súas obrigas colexiais.

3. Cando o servizo sexa requirido por unha Administración pública ou polos tribunais de xustiza, os honorarios derivados da intervención como técnico –perito protésico- estableceranse de conformidade cas normas especificas de aplicación atendendo a natureza xurídica do procedemento, e no seu defecto polos prezos fíxanos neste Regulamento.

4. Os prezos anteriores deberán facerse efectivos con caracter previo a prestación do servizo e no momento de presentarse a solicitude. A estes efectos non se tramitará a solicitude sen acreditar o ingreso nos térmonos fixados na liquidación que deberá constar como parte do modelo normalizado ao que se fai referenza no artigo 6º deste Regulamento.

 

 

Disposición adicional

De conformidade co disposto no artigo 26 da Lei Orgánica 5/1999, do 13 de decembro sobre protección de datos de carácter persoal, o contido do ficheiro que constitúe o obxecto deste Regulamento será notificado a inscrito no rexistro da Axencia de Protección de Datos.

error: contido protexido!
Falamos?