Protésicos non farán corentena con PCR negativo

Protésicos non farán corentena con PCR negativo

Os protésicos dentais non terán que facer corentena no caso de ter PCR negativo. Unha medida do goberno permite aos profesionais que realicen actividades esenciais, como é o caso dos sanitarios, seguir desempeñando o seu traballo en caso nestes casos. Con esta medida adoptada polo goberno, permítese aos protésicos desenvolver a súa actividade nos laboratorios dentais evitando deste xeito o cese de actividade.

O Ministerio de Sanidade actualizou o pasado 11 de setembro os criterios para a detección, vixilancia e control da COVID-19. A medida está recollida no documento «Estratexia de detección precoz, vixilancia e control de COVID-19» que adxuntamos.

No documento pódense coñecer todas as medidas que contén o protocolo. No texto exclúese aos profesionais sanitarios, do que forman parte os protésicos dentais, de facer corentena no caso de ter PCR negativa, logo de estar en contacto cun positivo de SARS-CoV-2.

Evitar ceses

A medida ten como obxectivo evitar o cese de actividade das instalacións sanitarias, coma os laboratorios dentais, e as consecuentes perdas económicas derivadas do seu cese.

Nestes casos será prescriptivo o cumprimento estrito das normas de seguridade e as medidas de prevención contidas nos protocolos establecidos. Tamén farase un seguimento activo de cada caso.

O documento: Estrategia_de_deteccion_precoz_vigilancia_y_control_de_Covid-19_7sep20.

 

 

Etiquetas


[wp_show_posts id="1627"]