Os protésicos dentais no plan de vacinación

Grupo 3B no que están os protésicos dentais.

Os protésicos dentais no plan de vacinación

O Plan de Vacinación da Xunta de Galicia para o colectivo de profesionais sanitarios da nosa comunidade está en marcha, nestes intres. Os protésicos dentais, na súa condición de traballadores sanitarios están organizados no grupo 3B, como recolle o documento emitido por Raquel Zubizarreta Alberdi, Subdirectora Xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, da Xunta de Galicia.

Na comunicación dirixida ao Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia,  infórmase que o proceso farase dacordo “á estratexia común para todas as CCAA establecendo as proridades segundo un marco ético onde prevalecen principios de igualdade e dignidade de dereito”, entre outros.

Plan de vacinación e líñas estratéxicas do Estado

A Consellería de Sanidade, adxunta á súa comunicación unha actualización da Estrategia de Vacunación frente al Covid 19 en España, (do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde) na que están descritos os criterios que se tiveron en conta para a organización de dito plan.

Tamén é público o documento “Plan Galego de Vacinación fronte ao Sars-Cov-2” que, (baseándose na estratexia de todo o Estado), define toda a información necesaria para entender cómo se vai a desenvolver o proceso en Galicia.

Documento do Plan Galego de Vacinación Covid19

Portada do Plan Galego de Vacinación Covid19.

O Plan Galego de vacinación explica de detidamente as tres vacinas que van ser aplicadas, dacordo ás prioridades e riscos xa sinalados no marco estatal. O documento permite coñecer a composición, mecanismo de acción, posoloxía, transporte, conservación e máis datos sobre cada unha das vacinas. Tamén explica, en cada unha delas, os criterios que se tiveron en conta para a súa administración nos distintos colectivos de persoas.

Os protésicos no plan

Tamén desenvólvese, no documento da xunta, toda a estratexia de vacinación segundo cada colectivo da sociedade, onde os protésicos dentais están contemplados no Grupo 3B (páxina 35 do Plan Galego). No Grupo 3B entran todos os conxuntos de profesionais sanitarios que non están en primeira liña, como sí o son os médicos, enfermeiras e demáis persoal hospitalario. Ao Grupo 3A pertencen os odontólogos e hixienistas dentais:

Enténdese que o tipo de vacina e as datas nas que se aplicará, vanse decidir en función dos criterios expostos nos documentos adxuntos. A loxística e a disponibilidade dos medicamentos tamén son criterios a ter en conta.

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia, colaborou recadando toda a información dos colexiados solicitada pola Xunta para facer a distribución precisa da inmunización. Os protésicos  traballan a diario con dispositivos que veñen das clínicas odontolóxicas e retornan a elas. Forman parte da  trazabilidade necesaria para acadar o obxectivo de impedir todos os focos de contaxio do temido Sars-Cov-2.

Comunicacion Oficial da Xunta de Galicia-Vacinación

Total Page Visits: 268 - Today Page Visits: 4


[wp_show_posts id="1627"]